Ponteareas e O Porriño acollen, neste xaneiro, novas accións do programa «SmartPeme»

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Ponteareas e O Porriño acollerán durante este mes de xaneiro novas accións formativas —7 en cada unha delas— para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

Ponteareas e O Porriño acollen obradoiros do programa «SmartPeme»

As oficinas de «SmartPeme en Ponteareas e O Porriño, amais da de Vigo, acollerán durante o mes de abril 23 novos obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. «SmartPeme» oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

Ponteareas contará cunha nova oficina de SmartPeme no centro da vila

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou esta mañá as instalacións de SmartPeme en Ponteareas acompañada do deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e das persoas responsables de dous proxectos empresariais de éxito que recibiron asesoramento por parte deste servizo da institución provincial.

Carmela Silva destaca “o espectacular crecemento” da SmartPeme do Porriño

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou esta mañá as instalacións de «SmartPeme» no Porriño acompañada do deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios; da alcaldesa do Porriño, Eva García, e de dúas mulleres responsables de proxectos empresariais de éxito que recibiron asesoramento por parte deste servizo da institución provincial.

As oficinas de SmartPeme de Ponteareas e O Porriño acollen novos obradoiros

As oficinas SmartPeme da área de Vigo, situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, acollerán ata finais deste mes de xaneiro novos obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC.

O programa «SmartPeme» aumenta os asesoramentos e presoas formadas en preto do 50%

A rede «SmartPeme», programa da Deputación de Pontevedra que oferta ás persoas emprendedoras e autónomas da provincia unha serie de servizos personalizados encamiñados ao desenvolvemento económico do tecido empresarial a través das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), aumentou este último ano en preto dun 50% tanto as persoas que se formaron a través dos seus obradoiros e accións formativas, por unha banda, como o número de empresas e persoas ás que se lles realizaron asesoramentos, pola outra.

Smartpeme duplica o númeo de participantes nos cursos de formación sobre as TIC

'SmartPeme', a iniciativa de asesoramento sobre novas tecnoloxías dirixido a PEMES, persoas autónomas e emprendedoras posta en marcha polo goberno de Carmela Silva, prestou servizo a máis de 800 proxectos empresariais nestes primeiros tres meses de 2017, o que supón un incremento do 47% respecto ás 556 persoas que participaron nos seus obradoiros no mesmo período do ano anterior.

Presentación da SmartPeme da Deputación no Concello de Mondariz

O vindeiro mércores, 29 de marzo, ás 20:30 horas, a Biblioteca Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca de Mondariz, acollerá o acto de presentación da rede SmartPeme, un servizo totalmente gratuíto que a Deputación de Pontevedra pon ao servizo de empresas, autónomas/os e persoas emprendedoras.

Suscribirse a este canal RSS