Ensino e sanidade protagonizan dúas mobilizacións no Condado nesta fin de semana

A veciñanza de Ponteareas e Mondariz sairá á rúa para, no caso de Ponteareas, defender o mantemento da unitaria de San Mateo, mentres que Mondariz, o fará para reivindicar, unha vez máis, atención pediátrica para os seus nenos e nenas. Defenden os dous concellos, en todo caso, contar cuns servizos públicos dignos e que permitan o desenvolvemento dun rural que, polo que parece, cae no esquecemento por parte da administración autonómica.

  • Publicado en Mondariz

David Regades: "O único culpable do problema dos PAC é Feijóo"

David Regades, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, reuniuse este mércores con Elisa Ausin, Carlos Gabián e Pilar Rodríguez, representantes da plataforma «PACs en Pé de Guerra» da provincia. “O único culpable do problema dos PAC é Feijóo”, asegurou Regades na rolda de prensa posterior ao encontro. 

Un so pediatra en Ponteareas para atender a 4.000 nenos e nenas

A falta pediatra en Mondariz, "en tanto non se resolva o proceso do concurso de traslado", que dada a rapidez na que anda a Administración, ninguén sabe o que pode durar, ten xa os seus «efectos secundarios» dos que xa advertían nais, pais e administracións locais: o colapso da consulta de pediatría de Ponteareas que, por se fora pouco, contou cun só facultativo para atender na semana do 3 ao 7 de decembro a unha poboación de  4.000 nenos e nenas.

O PSdeG presentará nos concellos pontevedreses mocións reclamando o fin dos recortes sanitarios

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG de Pontevedra presentou este mércores unha moción que insta ao Goberno de Feijóo a que remate cos recortes sanitarios na provincia de Pontevedra que están a provocar graves déficits nos servizos de atención primaria e hospitalaria na provincia. Esta moción, que xa foi presentada e aprobada no Pleno da Deputación, trasladarase agora aos Concellos da provincia para que se debata e aprobe.

Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo urxen unha solución ao problema da consulta de pediatría

Os alcaldes de Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo, Xoán Carlos Montes Bugarín, José Antonio Lorenzo e Juan Pablo Castillo, respectivamente, mantiveron esta semana unha xuntanza no Concello de Mondariz, para tratar o problema que, para aos tres concellos, supón que o Centro de Saúde de Mondariz, deixe de prestar a consulta de pediatría “mentres non se resolva o concurso de traslado da actual pediatra”.

  • Publicado en Mondariz

Mondariz esixe ao Sergas “que garanta o funcionamento do servizo de pediatría”

O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, vén de remitir un escrito á Xerencia de Atención Primaria de Vigo, para amosar o seu total desacordo coa xestión dos Sergas no que atinxe ao servizo de Pediatría. O rexedor municipal considera “absolutamente inaceptable” que a baixa da facultativa titular, “non fora cuberta por ningún substituto ou substituta a pesar de dispoñer de varios meses para facelo”.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS