I Forum Transfronterizo

Comezan as obras da urbanización do novo Centro de Saúde de Salceda

Nestes días veñen de dar comezo en Salceda as obras de urbanización do acceso ao novo Centro de Saúde, na rúa Mártires de Sobredo, adxudicadas á empresa FECHI tras un proceso ao que concurriron once empresas. O proxecto, redactado polo arquitecto Santiago López Fontán, ascende a un total de 192.712,55 € IVE incluído, financiados con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, e prevé un prazo de execución de catro meses.

O Xulgado autoriza a Salceda o pago a provedores bloqueado polos grupos da oposición

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 3 de Pontevedra ven de homologar o acordo transaccional acadado entre o Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Provedores, que vai permitir o pagamento dos 309.554,89 € bloqueado ata o de agora polos grupos da oposición de Salceda (PP e PSOE). A Asociación de Provedores/as do Concello de Salceda de Caselas, logo da negativa da oposición para aprobar as súas facturas ata en dúas ocasións, tivo que presentar un recurso contencioso administrativo reclamando o cobro das súas débedas o pasado 10 de abril. 

Esta fin de semana chega a «Salceda Festbirra»

O Torreiro de Festas da Virxe da Concepción acolle, dende mañá venres 8 de xuño e ata o domingo día 10, unha nova edición da «Salceda Festbirra» que este ano chega cargada de novidades. O certo é que cervexa galega acadou unha mellor calidade e unha maior repercusión que a cervexa alemana, polo que "a aposta pola cervexa artesá galega, é unha aposta clara e de futuro", aseguran dende a organización.

O PSOE de Salceda define a ampliación do CEIP Altamira como "un parche"

Os socialistas de Salceda mantiveron, en pasados días, unha reunión con veciños e veciñas de cara a explicar o que cualificaron de "deficiente situación da educación en Salceda", unha situación que se mantén logo de que o Goberno da Xunta de Galicia anunciase unha ampliación do CEP Altamira que, a portavoz socialista de Salceda, Verónica Tourón, tilda de “totalmente insuficiente”.

O Consorcio do Louro convida a 80 empresas a visitar as súas instalacións

O Consorcio de Augas do Louro vén de invitar a un total de 80 empresas a visitar as súas instalacións nunha iniciativa que, segundo os seus promotores, "busca dar a coñecer o ámbito de actuación do Consorcio, os seus medios e tecnoloxías e poder mostrar de primeira man o correcto funcionamento da EDAR de Guillarei coas diferentes liñas de tratamento da planta".

Falece un home en Salceda ao quedar atrapado debaixo dunha máquina elevadora

Un home faleceu esta tarde nunha nave en Salceda de Caselas mentres manipulaba un elevador. Os feitos aconteceron ao redor das 16:45 no alto da Forca, na parroquia de Parderrubias, nunha nave na que se garda maquinaria e que se atopa no punto quilométrico 5 da estrada que une O Porriño e Salvaterra.Segundo testemuñas presenciais, a máquina envorcou quedando o traballador atrapado debaixo dela. Unha vez na nave, os bombeiros do Baixo Miño procederon a excarceración do home.

Salceda abre á participación veciñal o Plan de Mobilidade Sustentable

A veciñanza de Salceda, poderá expresar a súa opinión sobre o I Plan de Mobilidade Sustentable, a través dunha enquisa anónima, vía internet, na que poderán expresar as súas inquedanzas e reflectir as súas propostas como residentes. A enquisa forma parte do proceso de elaboración deste Plan, logo das xuntanzas mantidas con colectivos, asociacións e partidios políticos.

«Marc, o mono que naceu dun ovo», achega a transexualidade a Salceda

Chrysallis Galicia, Asociación de Familias de Menores Transexuais, da man da súa vicepresidenta Eva Serantes, presentou en Salceda de Caselas o conto infantil «Marc, o mono que naceu dun ovo». O relato, escrito por José Luis e Saúl Serantes Vaz, conta a historia de Marc, un mono que polo feito de ter nacido dun ovo está obrigado a ser unha ave, cando a realidade é que é un mono.

Suscribirse a este canal RSS