Nova charla do ciclo «O saber non ocupa lugar» no Centro Cultural de Xinzo

O Centro Cultural de Xinzo continúa desenvolvendo un máis que interesante ciclo de charlas que, baixo o título xenérico de «O saber non ocupa lugar» ten como obxectivo achegar á veciñanza temas de actualidade, de diversos campos, pero sempre da mán de especialistas que, de xeito doado e ameno, desenvolven unhas charlas que teñen unha grande aceptación entre veciños e veciñas. Este sábado, ás 21 horas, será a doctora e veciña da parroquia, Cristina Represas Represas, a que trate o tema «Respirando Saúde»

Nigrán dota de equipamentos tecnolóxicos para novas terapias para as persoas con alzhéimer

O Concello de Nigrán vén de facer unha forte aposta polo reforzo na calidade do programa municipal de atención a persoas con Alzhéimer iniciado no 2016 dotándoo de novos equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico. Así, os seus usuarios xa se poden beneficiar dunha sala snoezelen ou sala de estimulación e do software Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica.

  • Publicado en Nigrán

Máis de 1.600 persoas de 22 concellos participaron nas charlas «Tempo de Saúde»

O ciclo «Tempo de saúde», organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Colexio Oficial de Médicos e Médicas de Pontevedra, chegou a máis de 1.600 persoas nun total de 22 concellos da provincia. “Cifras que avalan o noso compromiso cos veciños e coas veciñas de Pontevedra e que ratifican que para este Goberno provincial o prioritario sempre son as persoas”, explicou a deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, que fixo hoxe balance desta iniciativa.

Reunión informativa do BNG en Mondariz Balneario sobre a situación da pediatra

O BNG vén de convocar ás veciñas e veciños de Mondariz Balneario a unha reunión informativa sobre a situación na que se atopa a pediatría para as nenas e nenos da localidade. A xuntanza celebrarase este mércores 28 de novembro, ás 18:30 h na Sala da Cultura de Mondariz Balneario, na que tamén participarán portavoces da recen creada Plataforma en Defensa do Servizo de Pediatría "que o BNG apoia dende a súa recente creación", aseguran os nacionalistas.

Eva García de la Torre denuncia a situación do Centro de Saude do Porriño

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de poñerse en contacto coa xefa de servizo do Punto de Atención Continuada (PAC) do Porriño para amosarlle seu apoio e poñerse a súa disposición ante a situación que está a sufrir o persoal do mesmo. García de la Torre chamou a atención sobre a situación que quedará o PAC no Nadal logo de que quede sen 4 dos seus 8 médicos "que non van ser substituídos".

Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo urxen unha solución ao problema da consulta de pediatría

Os alcaldes de Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo, Xoán Carlos Montes Bugarín, José Antonio Lorenzo e Juan Pablo Castillo, respectivamente, mantiveron esta semana unha xuntanza no Concello de Mondariz, para tratar o problema que, para aos tres concellos, supón que o Centro de Saúde de Mondariz, deixe de prestar a consulta de pediatría “mentres non se resolva o concurso de traslado da actual pediatra”.

  • Publicado en Mondariz

Nigrán dota de desfibriladores ás instalacións deportivas municipais

O Concello de Nigrán ven de dotar de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) ás tres instalacións deportivas municipais, —Campo de fútbol de Condomínguez, Campo de fútbol de San Pedro e Pavillón Municipal de Panxón— e, ademais, ven de formar aos técnicos deportivos para capacitalos no seu uso. O obxectivo é que as tres instalacións municipais sexan lugares cardioprotexidos.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS