O «Meirande» de Redondela superou as 15.000 visitas no 2018

O Concello de Redondela, como todos os anos, vén de facer balance do grao de aceptación e do interese que xera a Aula de Interpretación da Batalla de Rande, coñecido como Meirande, que o Concello redondelán xestiona desde maio de 2013, data en que abría súas portas ao público este museo interactivo. Este pequeno museo, situado nun dos lugares con máis historia da contorna e á beira mesma do mar, en terreos da antiga Fábrica do Alemán, en Rande, superou este pasado ano 2018 as 15.500 visitas.

Digna Rivas reafirmase no seu rexeitamento ao proxecto do Porto de Vigo en Rande

A candidata a alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, acompañada polos deputados no Parlamento de Galicia, Abel Losada e Patricia Vilán, mantivo nesta pasada semana, unha nova xuntanza coa Plataforma en Defensa da Ensenada de San Simón de cara a darlles a coñecer as xestións realizadas, polos socialistas redondeláns, de cara a impedir que o cargadoiro de Rande sexa convertido nun almacén de contedores, tal e como pretende a Autoridade Portuaria “co beneplácito de Javier Bas que forma parte do Consello do Porto de Vigo”, sinalou Rivas.

O PSdeG-Redondela denuncia a inseguridade peonil en Rande

O PSdeG-PSOE de Redondela vén de denunciar a inseguridade viaria que teñen que padecer os veciños e veciñas da zona de Rande e Cabanas. A obra do camiño peonil, que comeza no Alto da Encarnación pasando polo Cabo de Pedra e rematando un pouco máis adiante da rotonda de saída da autoestrada en Cabanas, "impide o paso ao tramo feito por un valo colocado 100 metros antes da ponte da autoestrada dende hai máis dun ano", explican os socialistas

Terceiro carril de Rande: benvidos á rateira

A Ponte de Rande está chamada a seguir dando moito que falar, non xa polo controvertido das súas obras, senón polos propios carris exteriores, os chamados «terceiros carrís» e que na mañá de hoxe puidemos comprobar que son o máis parecido a unha rateira que temos mirado dende hai tempo.

Meirande recibe máis de 10.000 visitas en temporada alta

O Meirande, Centro de Interpretación de Rande, pecha a súa tempada alta con máis de 10.000 visitantes, o que supón unha boa mostra do interese que, entre os visitantes, esperta este museo do Concello de Redondela. O novo impulso que lla deu nos últimos meses, cun traballo previo de difusión a través de flayers informativos sobre o contido do mesmo, e visitas didácticas comentadas para grupos cun amplo horario de apertura (só pecha os luns), provocou un efecto chamada que superou todas as espectativas.

O PSdeG-Redondela alerta sobre a comprometida situación da Conmemoración da Batalla de Rande

O PSdeG-Redondela sinalou hoxe que a falta duns orzamentos por parte do Goberno Municipal pode deixar ao Concello de Redondela nunha situación comprometida e mesmo poñer en risco a Conmemoración da Batalla de Rande que vén realizándose durante os últimos tres anos. Segundo os socialistas, o Goberno local comprometeuse cos organizadores de dito evento a ter o orzamento preciso a principios de xaneiro deste ano.

A Federación 'San Simón' de Redondela apoia a manifestación de afectados pola AP-9

A Federación de Asociacións de Veciñ@s, Consumidor@s e Usuari@s, San Simón, de Redondela, vén de manifestar públicamente o seu apoio aos veciñ@s de Rande, Cabanas, Chapela e Teis, e aos colectivos convocantes da vindeira manifestación, do día 17 de febrero do 2017, a ANPA Coléxio Igrexa, a Asociación de Afectados pola AP-9, e a Asociación de Veciñ@s de Chapela (federada), e cuio motivo principal é a demanda da construcción de un novo colexio Igrexa, na finca da Ginaría, xa que o antigo ca ampliación, queda pegado á AP-9.

O BNG de Redondela demanda o levantamento das barreiras da peaxe en Rande

O Bloque Nacionalista Galego de Redondela vén de pedir o levantamento da peaxe de Rande, debido ás continuas retencións que se están a producir na autoestrada, motivo polo que, segundo os nacionalistas "AUDASA está obrigada a facilitar o paso de vehículos sen cobrar a peaxe”. Na tarde do xoves, explica o BNG, volveron a producirse retencións quilométricas na Ponte de Rande, en sentido O Morrazo, "chegando incluso ata o centro de Chapela". Isto supuxo, aseguran os nacionalistas redondeláns "que os conductores e conductoras que saíron hacia Redondela ou Chapela, tiveron que sufrir a lentitude do tráfico, e pagar a mesma peaxe”.

Suscribirse a este canal RSS