I Forum Transfronterizo

O PXOM de Redondela, a Avaliación Ambiental

A Xunta de Galicia vén de abrir o período de consultas do trámite de avaliación ambiental estratéxica do PXOM de Rredondela. Durante dous poderánse presentar observacións e suxestións ao borrador do plan e Documento Inicial Estratéxico que, tal e como informa o Concello que preside Javier Bas, están colgados en web da Xunta.

Nigrán reanuda a redacción do PXOM logo da aprobación plenaria á cesión

O Concello de Nigrán poderá retomar os traballos de redacción do PXOM despois de que a cesión do contrato de Eptisa a Alfonso Botana S.L. fose aprobada no pleno extraordinario de hoxe cos votos a favor do goberno, en contra de Nigrán Decide e a abstención dos demais grupos. A cuestión regresaba dúas semanas despois a pleno tras ampliar o goberno a documentación coa proposta de cesión, tal e como lle solicitara a oposición.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán celebra, o 16 de maio, o primeiro Pleno Extraordinario da lexislatura

O Goberno de Nigrán ven de convocar para o 16 de maio ás 12:00 horas o seu primeiro Pleno Extraordinario do mandato co fin de levar novamente a proposta de cesión do contrato do PXOM e outras cuestións de urxencia. O Goberno que preside Juan González, comprometerase no último Pleno Ordinario a convocar un extraordinario de ter reunida a documentación coa proposta de cesión do contrato antes de fin de mes.

  • Publicado en Nigrán

O PXOM de Nigrán nunha encrucillada histórica

Ou hai unha cesión do contrato de redacción do PXOM "ou o documento cae nun precipicio inasumible tras 25 anos de tramitación e seis corporacións diferentes. Nigrán non pode agardar máis. Como Goberno actuamos consecuentemente e pedimos a mesma responsabilidade ao resto da corporación", asegurou o alcalde Juan González, ao anunciar que o Executivo levará a Pleno a cesión do contrato de redacción do PXOM á empresa «Alfonso Botana S.L.»,

  • Publicado en Nigrán

UCN denuncia a “utilización política” do PP co urbanismo de Nigrán

O portavoz do partido independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, vén de denunciar o que cualifica de "utilización política que está a facer o grupo municipal do PP co urbanismo de Nigrán". Fernández Comesaña asegura que o voto en contra dos populares á modificación puntual número 25 das Normas Subsidiarias nunha actitude que cualificou de "bochornosa", "impide aprobar inicialmente unha modificación que beneficia maioritariamente aos veciños de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán

Ponteareas rematará os traballos técnicos do PXOM en tres meses

O Plan Xeral de Ponteareas, a súa situación e os prazos, foron postos a debate no día de onte nunha xuntanza aberta, convocada polo Concello e celebrada no Auditorio Municipal, e na que participaron preto de 200 veciños e veciñas. O director do Plan Xeral explicou a situación actual de tramitación do documento e os pasos dados nos últimos meses aínda que, ao entender da veciñanza, quedou sobre a mesa a resposa á principal preocupación dos e das ponteareás: a data de aprobación.

Nigrán convoca o Consello Sectorial do PXOM para informar da modificación das Normas Subisidiarias

O Goberno de Nigrán convocará para o vindeiro 7 de febreiro ás 20:00 horas ao Consello Sectorial do PXOM para informar ás entidades, de primeira man, ás entidades da proposta de modificación número 25 das Normas Subsidiarias (NNSS) que rixen o planeamento urbanístico do municipio dende 1991. Trátase, segundo o alcaldel Juan González, "de pequenas correccións puntuais para solucionar contradicións coa normativa autonómica e estatal en vigor".

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS