Lemas de campaña en Ponteareas, quen copia a quen?

"Cousas veredes, amigo Sancho..." dín que dicía o Quixote, para expresar o seu asombro por feitos inauditos –frase que, por certo, non aparece en ningún lugar da novela de Cervantes–. Esas "Cousas veredes" poderían aplicarse ao feito insólito de que o PP –a través das Novas Xeracións– acuse ao BNG de copiar o slogan popular do 2008, mentres que –pode que por iso de onde as dan as toman– o PSOE insta ao PP a que deixe de utilizar o lema que, dende a toma de posesión de Pedro Sánchez e seguindo a liña marcada polo PSOE federal, utilizan os socialistas.

Verónica Tourón, optará a ser a candidata socialista á Alcaldía de Salceda

Verónica Tourón, actual portavoz municipal do Grupo socialista e secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, optará a ser a candidata do seu partido a alcaldía na vindeira cita electoral do mes de maio. A agrupación socialista local optou por facer un proceso "aberto e transparente" para a elección da persoa que encabece as listas nas próximas municipais, de tal xeito que as militantes ou militantes que así o desexen, poidan presentar a súa candidatura. En caso de non presentarse ningún ou ningunha, a elección de Verónica Tourón realizaríase de xeito directo.

O PSOE cualifica de "ridícula" a denuncia sobre o uso da carpa

O Partido Socialista de Ponteareas cualificou de "ridícula" a denuncia nos medios de comunicación do Partido Popular por empregar a carpa instalada na Praza Maior da vila para o acto de presentación de Chus Garrote como candidata á alcaldía de Ponteareas. A concelleira Vanesa Fernández sinalou que utilizouse "do mesmo xeito que o PP emprega o Auditorio Municipal ou calquera outro espazo de titularidade do Concello para os seus actos".

Chus Garrote anuncia o compromiso de Fomento coa circunvalación de Ponteareas

Este domingo Ponteareas o PSdeG-PSOE de Ponteareas celebrou o acto de presentación da candidatura da actual tenente de alcaldesa, Chus Garrote, que en maio “será a alcaldesa desta localidade”. Así o asegurou o secretario xeral provincial, David Regades, un dos dirixentes do partido que arroupou á candidata na súa presentación. Nun acto celebrado na Praza Maior ponteareán Chus Garrote asegurou que era “un día importante para min, pero tamén para Ponteareas”.

O PSdeG inicia o proceso de readmisión da alcaldesa do Porriño como militante

A Comisión Executiva Provincial de Pontevedra iniciará de inmediato o proceso para readmitir como militante a Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño. O secretario xeral, David Regades, anunciou a medida o venres, logo de coñecerse a sentencia que absolve a García de la Torre de todos os cargos que se presentaron contra ela polo exercicio da súa actividade profesional.

Suscribirse a este canal RSS