Belén Villar reúnese cun grupo de maiores usuarios do Centro Social de Ponteareas

O PP acudiu esta semana "á chamada de varios veciños", din os populares, que querían trasladarlle á candidata "varias queixas en referencia ao Centro Social situado en centro do pobo". Villar quixo coñecer de primeira man a problemática existente en dito centro. Segundo a candidata popular preto de 60 persoas manifestáronlle o seu "gran malestar debido a que se lles privou de facer uso destas instalacións municipais".

Máis de 500 comensais no Xantar de Nadal do PP de Ponteareas

El PP de Ponteareas celebrou, onte domingo 2 de decembro no restaurante «El Otro Mundo del Tea», o xantar de Nadal no que máis de 500 persoas arrouparon á candidata popular a alcaldía ponteareá, Belén Villar e no que participou o presidente provincial, Alfonso Rueda. Villar quixo agradecer ao seu equipo "o esforzo realizado" froito do que o xantar triplicou o número de asistentes con respecto ao celebrado o 2017.

Preto de 350 persoas participarán no Xantar de Nadal do PP de Ponteareas

O PP celebrará este domingo o seu tradicional Xantar de Nadal "para xerar ilusión de fronte ao 2019 e felicitar as festas a todos os simpatizantes populares da Vila do Corpus", sinala a candidata e presidenta do PP de Ponteareas, Belén Villar. A cita "foi un éxito de convocatoria" polo que a candidata e presidenta, Belén Villar, quixo agradecer ao seu equipo o traballo realizado para mobilizar á xente.

O PP de Ponteareas celebrará o seu Xantar de Nadal o 2 de decembro

O Partido Popular de Ponteareas celebrará, o vindeiro 2 de decembro, un xantar de Nadal con todos os seus simpatizantes "para felicitar as festas e vivir unha xornada festiva que achegue e facilite o contacto dos dirixentes populares cos veciños", sinalan os populares ponteaeráns.

O PP de Salceda propón unha nova biblioteca no actual Centro de Saúde

O portavoz do Partido Popular en Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, adiantou que no seu programa electoral de cara ás eleccións de maio de 2019, o PP levará a construción dunha nova Biblioteca Municipal no edificio no que, na actualidade, atópase o Centro de Saúde. Davila sinala que dese xeito evitaríanse os inconvenientes que, ao seu entender, ten a actual instalación xa que afirma que de todos “é coñecido o ruído que hai na actual Biblioteca para estudar, ler, concentrarse...".

O Goberno do Porriño cualifica de "mentiras desvengonzadas" as denuncias do PP sobre Cans

“Unha mentira descarada”. Así cualifica o concelleiro de Limpeza do Concello do Porriño, Orlando Márquez, a nota enviada aos medios de comunicación polo Partido Popular do Porriño, na que denuncia o suposto “abandono” da parroquia de Cans por parte do Goberno local, facendo mención, expresa do estado do banco de madeira do torreiro e a zona de A Graña.

O PP de Ponteareas denuncia o "estado de abandono" da Freixa

O PP de Ponteareas, a través da súa portavoz, Belén Villar, denunciou o estado de deterioro no que se atopa A Freixa que, segundo a concelleira popular "atópase nun estado de abandono total". Villar lamenta o estado da Freixa xa que, sinala, "é unha pena que unha praia fluvial como a que temos en Ponteareas e que é unha alternativa fantástica ás praias de Vigo, atópese nese estado".

Suscribirse a este canal RSS