O Concello de Nigrán recibe as últimas urbanizacións de Porto do Molle

O delegado do Estado, David Regades entregou esta mañá ao alcalde de Nigrán, Juan González, as últimas obras de urbanización do polígono de Porto do Molle realizadas por Zona Franca. Ambos os responsables comentaron as posibilidades de mellora dun parque que xa é a insignia do Val Miñor e onde, unha vez vendidas as parcelas de uso comercial, apenas queda xa superficie dispoñible.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán mellora as rúas de acceso a Porto do Molle e IES Val Miñor

O Concello de Nigrán concluíu esta semana as obras de mellora das rúas Gándara e Ponte Muíña que dan acceso ao parque empresarial Porto do Molle e ao IES Val Miñor e que supuxeron un investimento total de 220.000 €. Os traballos, que correron a cargo da empresa adxudicataria Fechi, supuxeron unha renovación radical de dúas estradas moi transitadas e en pésimas condicións, o que ocasionaba as lóxicas queixas dos usuarios.

  • Publicado en Nigrán

Zona Franca deseña novas naves modulares en Porto do Molle

De cara a responder á crecente demanda das pemes da contorna, o Consorcio da Zona Franca ha adxudicado esta semana ao estudo do arquitecto Pablo Menéndez a redacción do proxecto de novas naves no parque empresarial de Porto do Molle. Estas construcións, que se levantarán sobre dúas parcelas situadas fronte ao Centro de Negocios, combinarán o espazo de naves e talleres co de oficinas e terán uns tamaños que oscilarán entre os 300 e os 500 m2.

  • Publicado en Nigrán

Nigran aproba a construción dunha nave de Ecoforest de máis de 13.000 metros cadrados

A Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán aprobou a licencia a Ecoforest para a construcción dunha nave industrial en Porto do Molle destinada a deseño, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor. A firma especializado en sistemas de calefacción, climatización e agua quente sanitaria a partir de recursos naturais construirá unha macroplanta de 13.431 m2 sobre unha superficie resultante de agregar dez parcelas do parque empresarial (15.586 m2 de superficie).

  • Publicado en Nigrán

Juan González: "O Parque Empresarial é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán"

O alcalde de Nigrán, Juan González, asegurou que o parque empresarial de Porto do Molle "é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán". Gonzalez fixo estas declaracións logo de que a Xunta de Goberno local aprobase a licencia para a ampliación da fábrica Snop Estampación e conceder unha nova para a construción dunha nave destinada á fabricación de maquinaria pesada por parte de Industrias Nebrinox. O rexedor municipal destacou "as novas posibilidades de emprego que xera a instalación desta nova industria no municipio".

  • Publicado en Nigrán

Nigrán inicia a contratación do proxecto de acondicionamento integral do río Muíños

O Concello de Nigrán arrancou hoxe o proceso de contratación das obras que levarán adiante o proxecto de acondicionamento integral do río Muíños, cun orzamento de 600.000 euros procedentes do aproveitamento urbanístico do parque empresarial de Porto do Molle. O equipo encargado de desenvolver este proxecto, liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestar Javier Santiago, presentou hoxe a nova proposta xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González.

  • Publicado en Nigrán

Porto do Molle capta o interese do estado mexicano de Iucatán

A delegada do Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa expuxo esta mañá as oportunidades de negocio que se abren para o investimento estranxeiro na comarca de Vigo a unha delegación do Goberno do Estado mexicano de Iucatán. Na xuntanza participaron Ernesto Herrera, Secretario de Fomento Económico e outros representantes de oficinas de desenvolvemento iucatecas.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS