Setecentas sinaturas respaldan a petición de saneamento para Ribadetea

Na mañá de hoxe, representantes da Plataforma para o Saneamento de Ribadetea, presentaron no rexistro do Concello casi 700 sinaturas recollidas entre os veciños da parroquia respaldando un escrito dirixido á Augas de Galicia no que reclaman o saneamento para toda a parroquia. Cabe salientar o elevado número de sinaturas recollida se se ten en conta que Ribadetea conta cun censo de 900 habitantes e só se recolleron sinaturas entre a veciñanza maior de idade. 

A Xunta asegura que Fomento pretende "rachar" o investimento comprometido para a circunvalación

A Xunta de Galicia lamentou hoxe que o Ministerio de Fomento "pretenda rachar o acordo co Goberno galego e co Concello de Ponteareas para impulsar conxuntamente a construción da Variante desta localidade", asegurou o executivo galego que, afirma, "esa é a vontade que se desprende da resposta do Ministerio de Fomento ao borrador de convenio que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lle remitiu o pasado mes de setembro, co obxectivo de concretar as responsabilidades de cada Administración para materializar esa actuación".

"Estou convencida de que vós seredes a xeración que vai rematar coas violencias machistas"

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou hoxe ao alumnado do IES do Barral de Ponteareas, o seu convencemento de que "vós seredes a xeración que vai rematar coas violencias machistas" no decurso da tercera acción artística do programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero'. A presidenta da Deputación estaba acompañada polo acalde Xosé Represas; concelleiras e concelleiros do Grupo de Goberno e alumnado e do profesorado do centro educativo.

A Deputación aproba unha nova achega de 140.000 euros do Plan Concellos para Ponteareas

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento destinado ao concello de Ponteareas ao abeiro do Plan Concellos 2018. Con esta partida de 136.170,16 euros a vila poderá financiar o proxecto de ampliación e mellora dun viario público en Duca, na parroquia de Santiago de Oliveira. Ademais desta achega, o goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio de Ponteareas.

Ponteareas, fin de traxecto da mostra «O imaxinario do país»

Cincuenta autores e autoras da literatura actual galega foron retratadas pola mirada singular do fotógrafo Anxo Cabada, que as reúne nunha mostra na que cada imaxe se acompaña dun texto literario da persoa fotografada baixo o título «O imaxinario do país». A mostra, que forma parte da oferta cultural do Ano da Lingua, pódese visitar no Auditorio Municipal de Ponteareas, onde permanecerá ata o 27 de decembro.

A «Operación Carballo» chega a Ponteareas

A oficina municipal de voluntariado, dependente da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, convida a toda a veciñanza a participar na «Operación Carballo» que terá lugar este sábado día 15 de novembro ás 10 horas na casa cultural de Arcos, unha actividade que, como sinala a concelleira Verónica Carrera, desenvólvese en colaboración coa Consellería de Política Social e a Comunidade de Montes de Arcos.

Unha denuncia de Adenco da lugar a unha nova multa ao Concello de Ponteareas

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación de resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola que se impón unha multa de 900 euros ao concello de Ponteareas por vertedura directa ao cauce do Tea procedente dun pozo de bombeo da rede de saneamento municipal na Freixa. Na resolución a Confederación advírtelle ao concello de Ponteareas que se absteña de realizar calquera vertedura sen dispor de autorización.

Suscribirse a este canal RSS