A Guarda aproba a Conta Xeral do 2017

O Concello da Guarda ven de aprobar a conta xeral do exercicio 2017 na sesión plenaria do pasado venres, algo que, segundo o Goberno local, supón "unha boa nova para o municipio". Nestes momentos estase a elaborar a liquidación ao exercicio correspondente ao 2018 e "se pode adiantar que os saldos en bancos a data 31 de decembro de 2018 é de 1.362.519,38 € e que, por primeira vez, a débeda con bancos sitúase en 0 €", sinalan dende o executivo que preside Antonio Lomba.

  • Publicado en A Guarda

O Porriño propón ampliar en 500.000 euros a partida do servizo de axuda domiciliaria

O Goberno local do Porriño levará ao Pleno da Corporación para a súa aprobación unha modificación orzamentaria cunha ampliación de 500.000 € no capítulo da Axuda Domiciliara Municipal que, coma salienta a alcaldesa, “pasaría de 300.000 € a 800.000 € este ano 2019”. Eva García de la Torre indica que este incremento estaría destinado a acabar coas listas de agarda, faría posible aumentar o número de horas de atención ás persoas que o precisan e afrontaría, tamén, a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 900 €, aprobada polo Goberno de España.

O Pleno de Ponteareas esixe ao Estado un convenio viable para a circunvalación

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocou para onte martes 8 de xaneiro un Pleno extraordinario monográfico sobre a Circunvalación "para dar unha resposta unitaria á proposta de convenio remitido polo Ministerio de Fomento no que reduce a 7 millóns de euros os 21 millóns previstos nos orzamentos do Estado". A moción, que foi aprobada cos votos de todas as forzas políticas da Corporación agás EU, xa fora consensuada previamente por todos eles estando de acordo a Plataforma Veciñal das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo.

O Pleno aproba o proxecto de pavimentación do último tramo da estrada a Cillarga

O Pleno de Ponteareas aprobou, por unanimidade, o proxecto de pavimentación do último tramo da estrada de Cillarga co que se mellorarán 840 metros dunha estrada que levaba anos en estado de abandono e que permite acurtar a comunicación cos veciños do barrio de Cillarga. Esta obra ven a completar as dúas fases anteriores e conta cun orzamento de 64.106 € que o Goberno que preside Xosé Represas prevé financiar con cargo ao plan Concellos e con fondos propios.

Tomiño aproba unha nova ordenanza que contempla axudas para casos de emerxencia social

O Concello de Tomiño aprobou de forma definitiva o pasado venres no transcurso do Pleno, unha nova ordenanza en materia de Benestar Social, que foi votada de maneira unánime polos membros da Corporación Local. A nova ordenanza pretende establecer unha serie de dereitos e recursos dentro do Programa de Inclusión Social, xerais e específicos para a cidadanía da localidade en risco de exclusión social.

  • Publicado en Tomiño

O Goberno culpa ao PP do impago "a máis de 100 pequenas empresas"

O Goberno local do Porriño culpou hoxe ao Partido Popular de que non se poida pagar a "máis de 100 pequenas empresas e autónomos" ao votar os populares en contra do pagamento de 554.134,08 € por produtos e servizos prestados ao Concello. Os concelleiros populares votaron en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos polo devandito importe maila que, sinala o Goberno, "as facturas amosaban que as devanditas empresas acredoras realizaran os traballos ou entregaran as mercadorías polas que levan meses agardando cobrar".

Ponteareas procede á aprobación definitiva dos orzamentos para o 2018

O goberno de Ponteareas ratifica o orzamento para o ano 2018 tras resolver no pleno extraordinario celebrado hoxe as nove alegacións presentadas logo da aprobación inicial no pasado mes de agosto. Co voto de calidade do Alcalde, Xosé Represas, resolveuse o empate producido ao facilitar o concelleiro de Esquerda Unida, Lino Costas a aprobación dos orzamentos coa súa abstención. PP e ACIP votaron en contra.

Suscribirse a este canal RSS