Nigrán recibe outros 55.000 euros do «Plan Concellos» da Deputación

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dúas novas achegas para o concello de Nigrán, ao abeiro do «Plan Concellos 2017». Deste xeito, Nigrán recibe unha cantidade de 53.500,33 euros para acondicionar a Avenida Castelao e para a construción de beirarrúas na rúa San Roque.

  • Publicado en Nigrán

Os concellos poderán paliar os danos dos incendios co «Plan Concellos» da Deputación

Os Concellos da provincia de Pontevedra que foron afectados pola vaga de lumes o pasado mes de outubro, poderán investir “de forma inmediata” as achegas que a Deputación de Pontevedra proporcionoulles ao abeiro do «Plan Concellos 2017», unha medida que é posible logo de que a Xunta de Goberno da administración provincial aprobase a modificación da base reguladora catorce do antedito Plan Concellos.

Oia recibe unha achega de máis de 6.000 euros do «Plan Concellos»

O Concello de Oia vén de recibir unha achega da Deputación de Pontevedra de máis de seis mil euros (6.026,03 €) que lle permitirán adquirir unha regadora manual de emulsión en frío e un remolque de aceiro galvanizado con carga de 750 quilogramos. A achega, aprobada a través dunha resolución presidencial, faise ao abeiro da liña 1 do «Plan Concellos 2017»

  • Publicado en Oia

A Deputación destina outros 200.000 euros do Plan Concellos a Salceda de Caselas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega para o concello de Salceda de Caselas por valor de 200.000 euros. Con este novo investimento, para o proxecto de urbanización para o acceso ao novo centro de saúde na rúa Martires de Sobredo, Salceda xa ten aprobado o 100% do Plan Concellos 2017, – para un total de 639.870,53 euros–, un 12,64% máis que en 2016.

Ponteareas recibe dúas achegas do «Plan Concellos» para obras de saneamento

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dúas novas achegas para o concello de Ponteareas por valor de preto de 50.000 euros. Con estes novos investimentos, a vila da comarca do Condado poderá sanear as augas fecais da parroquia de Santa Cristina de Bugarín e a instalación dunha estación de bombeo de augas pluviais na parroquia de San Mateo de Oliveira.

Suscribirse a este canal RSS