O Porriño continúa co programa de mellora e reforma dos parques infantís

O Goberno local do Porriño segue adiante coa reforma e o arranxo dos parques infantís da vila, que en moitos casos, subliña o concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez, “non se repararan en anos, precisaban xa unha remodelación completa ou estaban xa obsoletos”. O mes que ven estará en funcionamento, segundo adiantaba o Goberno porriñés, o parque do Centro Social e Cultural de Atios.

A Guarda aposta pola mellora dos parques infantís e as zonas recreativas

O Concello da Guarda vén de acometer actuacións de rehabilitación e mellora das áreas recreativas e os parques infantís dos que dispón a veciñanza para a práctica deportiva e lúdica ao ar libre. As instalacións reparadas son as do parque da Ribeira, o parque infantil de San Benito, o parque da subida ao Monte Torroso, a área deportiva e a zona de xogos da Portela (Salcidos), a área recreativa do Fedorento, o parque infantil do Castro e as distintas instalacións deportivas e de xogo instaladas no recinto do Centro Cultural.

Redondela renovará o parque infantil do Salgueiral

O Concello de Redondela solicitou, o pasado mes, unha subvención á Xunta de Galicia para a renovación integral do parque do Salgueiral, axuda solicitada ao abeiro do programa para a mellora de infraestructuras, dotaciones, instalacións e equipamentos municipais para axuntamentos de Galicia para o exercicio 2018.

A Salceda do «baby boom» mellora os seus parques infantís

O Concello de Salceda de Caselas, a través das Concellarías de Parques e Xardíns e Vías e Obras, está a acometer obras de mellora en diferentes parques infantiles existentes ao longo do municipio no que, segundo o alcalde Marcos Besada, é "dar resposta ás solicitudes veciñais que nos trasladan as asociacións". "Obras como a recuperación de Robás ou a do Parque da Arrotea ─explica Besada─ son un exemplo das demandas veciñais que se levan a cabo para o use e disfrute de todos e todas”.

Os parques de Liñares e Chan en Tortoreos, plenamente operativos despois das obras realizadas

O Goberno local das Neves deu por rematados os traballos de reparación dos exteriores da escola de Liñares, na que se instalaron novos elementos de parque infantil e renovouse a pista de deportiva na que, amais dunha exhaustiva limpeza, instaláronse novas porterías e canastras e realizouse o pintado das áreas de xogo. No parque hai, nestes momentos, un novo tobogán, columpios, un banco e, de cara a facelo máis accesible, retirouse o portal de acceso.

O Porriño remata a adaptación dos parques infantís a persoas con diversidade funcional

O Goberno local do Porriño vén de rematar o arranxo de varios parques infantís da vila que, segundo executivo, en moitos casos “non se tocaran en anos”, e que xa están en funcionamento ou, como o caso do parque da Praza do Cristo, poderán usarse dende a vindeira semana, logo de facer importantes melloras en todos eles. Dentro destes traballos, a Concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Orlando Márquez, renovou totalmente o Parque da Urbanización do Sol, no que se arranxaron todos os bambáns, colocouse un para persoas con diversidade funcional e colocouse o chan de caucho, cun investimento de 21.777€.

Suscribirse a este canal RSS