Novas axudas da Deputación para creación de parques forestais nos concellos

A Deputación de Pontevedra terá aberto o prazo da súa terceira e última convocatoria de subvencións para crear parques forestais nos montes da provincia ata finais deste mes. O vicepresidente César Mosquera explica que existe unha partida económica de 800.000 euros a repartir entre os concellos pontevedreses e lembra que é necesario que os gobernos municipais presenten as súas solicitudes por vía electrónica antes do 26 de xaneiro.

O Goberno local convoca ás comunidades de montes para falar sobre os parques forestais

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, vén de convocar a todas as comunidades de montes a unha reunión informativa e participativa este venres día 26 de Xaneiro ás 20 horas no salón de plenos da casa do concello. Xosé Represas, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Troncoso, falarán da creación dos parques forestais e das axudas da Deputación provincial a través do plan concellos.

A Deputación abre o prazo de axudas para creación de parques forestais da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das axudas da Deputación para a mellora do monte dos concellos de Pontevedra mediante a creación de parques forestais. O prazo de presentación de solicitudes finalizará dentro de dous meses, o 5 de xuño. Na provincia de Pontevedra actualmente existen sobre unhas 31.654 hectáreas de monte raso abandonadas nas que o Goberno provincial entende que é necesario levar a cabo accións de mellora para a súa posta en valor.

Suscribirse a este canal RSS