A Deputación aproba inicialmente o Orzamento 2018 destinando máis recursos á cooperación cos concellos

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou inicialmente, esta mañá, o seu orzamento para o 2018 que se incrementa nun 3% respecto ao deste ano pasando e que, un ano máis, non contempla ningunha cantidade para libre disposición da Presidencia A contas da Deputación incrementan os fondos para o Plan Concellos e garante 3o millóns de euros “para que os concellos poidan presentar proxectos máis ambiciosos ou destinar recursos para facer fronte aos danos causados polos incendios”.

UCN lamenta o atraso na presentación do borrador "incompleto" do Orzamento 2018 de Nigrán

O portavoz de Unión Centrista de Nigrán, ( UCN) Antonio Fernández Comesaña, lamenta o atraso do Goberno local "na presentación aos grupos da oposición do borrador do orzamento para o exercicio 2018 incompleto (sen plan de investimentos, informes, nin cadro de persoal), despois do intento errado do pasado verán, cando se presentou tamén o borrador para o ano 2017.

  • Publicado en Nigrán

O Orzamento 2018 de Nigrán prioriza aos Servizos Sociais

O goberno de Nigrán entregou onte aos diferentes representantes da Corporación un borrador do Orzamentos para 2018 no que se da prioridade aos Servizos Sociais e no que, entre outras cuestións, resérvase unha partida específica para a construción da nova biblioteca (1.849.000 €). Así, o importe total das contas pasa dos 13.609,581 € de 2016 a 15.120.540 € en 2018.

  • Publicado en Nigrán

AER advierte ao Goberno redondelán que "rematou o tempo de gobernar unilateralmente"

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) acusou ao Goberno de Redondela, ao igual que o fixeran no seu momento os demáis grupos da oposición, de ignorar o ofrecemento que fixeran o propio AER, o PSOE e o BNG, para "aprobar unha modificación de crédito que dorata suficientemente os gastos da Conmemoración da Batalla de Rande, evento organizado polo Concello pero para o que non reservou os fondos precisos", afirman os independentes.

O PSdeG-Redondela alerta sobre a comprometida situación da Conmemoración da Batalla de Rande

O PSdeG-Redondela sinalou hoxe que a falta duns orzamentos por parte do Goberno Municipal pode deixar ao Concello de Redondela nunha situación comprometida e mesmo poñer en risco a Conmemoración da Batalla de Rande que vén realizándose durante os últimos tres anos. Segundo os socialistas, o Goberno local comprometeuse cos organizadores de dito evento a ter o orzamento preciso a principios de xaneiro deste ano.

Nigrán lamenta que a Xunta desatenda as necesidades do municipio nos seus orzamentos

O Concello de Nigrán vén de facer pública unha nota na que "lamenta que o Goberno autonómico non teña en conta as emendas feitas a través do PSdG aos orzamentos da Xunta de 2017 nas que se fai referencia a diferentes cuestións do municipio" entre as que salienta a petición de "reparación integral da rúa de titularidade autonómica Otero Pedrayo, valorada en 830.000 euros".

  • Publicado en Nigrán

O Pleno da Deputación aproba o novo orzamento para o 2017

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou onte, definitivamente, o proxecto de orzamentos de 2017 que conta con 152,4 millóns de euros que se achegan a sumar ate os 155 millóns de euros se suman todos os organismos dependentes da institución provincial. Con respecto ao orzamento do ano 2016 o novo proxecto para 2017 medra un 2,2 por cento sendo continuista nas liñas políticas afianzadas ao longo deste ano.

Suscribirse a este canal RSS