A Alameda de Redondela transformouse no escaparate do comercio local

A alameda de Redondela converteuse, durante toda esta pasada fin de semana, nun enorme escaparate onde o comercio local, dos máis diversos sectores, puxo á venda os seus stocks a prezos inmellorables. A iniciativa que dende hai sete anos vén poñendo en marcha a Asociación de Empresarios de Redondela baixo o nome de «Feira Anual de Oportunidades» foi, como así tiña acontecido en anos anteriores, todo un éxito de participación tanto do comercio local, como de público.

O sábado, Feira de Oportunidades na Rúa en Ponteareas

A Asociación de Comerciantes Tea, en colaboración do Concello de Ponteareas, celebrará unha feira de oportunidades este sábado, día 8 de agosto, nas rúas de Oriente, da Esperana e na Praza de Bugallal durante todo o día, no que haberá grandes descontos e un total de 40 postos, de roupa, complementos, beleza, floristería ou deportes, entre outros.

Suscribirse a este canal RSS