Tomiño organiza tres novos obradoiros para a mocidade en setembro

A Concellaría de Mocidade do Concello de Tomiño desenvolverá, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), tres novos obradoiros pensados especialmente para a xente moza do concello. Trátase de tres propostas formativas que poden abrir camiños ás mozas e mozos no mundo laboral.

  • Publicado en Tomiño

Novo obradoiro de videos curtos co móbil da OMIX da Guarda

O Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda impulsa un novo obradoiro de «vídeo nun minuto», no que se traballará a elaboración de pequenas montaxes audiovisuais utilizando o teléfono móbil. As persoas participantes poderán adquirir os coñecementos necesarios para aproveitar a cámara do seu smartphone, gravando pequenas pezas de vídeo que posteriormente poderán editar e transformar nunha verdadeira montaxe audiovisual. O taller impartirase no Centro Cultural o 22 de xuño entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Aberto o prazo para o Campamento Urbano da Guarda ata o 21 de xuño

Hoxe luns, 4 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Urbano da Guarda que, durante os meses de xullo, agosto e primeira semana se setembro, organiza a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX). Na actividade, os nenos e nenas de 4 a 12 anos, poderán realizar diversos obradoiros, xogos e outras actividades culturais e deportivas nun entorno educativo e de convivencia. A inscrición permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de xuño.

A OMIX da Guarda impulsa un curso de inglés para adultos

A Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza un curso de inglés para adultos que dará comezo o vindeiro 10 de abril. O curso, que terá unha duración total de 20 horas e un custe de 25 € (pago único), estará aberto á participación de todas as persoas que desexen poñer en práctica o idioma, adquirindo ferramentas para manter conversas cotiás. O horario das clases será de 20:00 h a 22:00 horas os martes e xoves.

Mondariz organiza un Curso preparatorio das Competencias Clave 2

Entre o 17 de marzo e 11 de maio, o Concello de Mondariz desenvolverá un curso preparatorio das Competencias Clave Nivel 2, iniciativa que está dirixida ás persoas que non teñen a E.S.O. e que queren obter, posteriormente, un Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.

A OMIX de Mondariz organiza a ‘I Búsqueda do Tesouro Infantil’

O Concello de Mondariz, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, (OMIX), vén de poñer en marcha a «I Búsqueda do Tesouro Infantil», unha actividade gratuíta, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos e que terá lugar o martes día 13 de febreiro, Martes de Entroido.

  • Publicado en Mondariz

Oferta formativa “atractiva e variada” da OMIX de Tomiño para 2018

Idiomas, arte, radio, cociña e mesmo arquitectura, estas son algunhas das actividades formativas que a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño (OMIX) poñerá en marcha ao longo do 2018 no que constitúe unha oferta "atractiva e variada" que permitirá aos mozos e mozas de 12 a 35 anos, ter un amplo abano de posibilidades nas que escoller. Trátase dunha proposta que recolle ademais moitos dos cursos solicitados polos propios rapaces e rapazas, respondendo así á demanda e necesidades da cidadanía.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS