ACIP afirma que hai "falta de vixilancia" na obras de Gas Natural

O candidato de ACIP, Juan Carlos González Carrera, vén de denunciar a situación na que se encontran moitas rúas da zona urbana logo das obras realizadas nas mesmas por parte da empresa Gas Natural. Segundo o candidato de ACIP a alcaldía de Ponteareas “o Concello non realiza ningún tipo de control ao remate das obras” quedando en moitas delas o firma en un estado deplorable.

Melloras na rede viaria en Xinzo e Arnoso

O Concello de Ponteareas traballa nestes días, na mellora de diversas estradas e camiño que permitan, nuns casos, a súa mellora e noutros casos que núcleos de poboación dispoñan de comunicacións axeitadas. As últimas actuacións da Concellería de Vías e Obras centráronse nas parroquias de Xinzo e Arnoso.

Mellora da seguridade viaria na estrada A Ramallosa-Gondomar

Esta semana comezaron os traballos de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-340 entre Gondomar e a Ramallosa. As actuacións que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas teñen como obxectivo mellorar mellorará a seguridade viaria do conxunto de usuarios e en especial dos peóns.

  • Publicado en Nigrán

Remate da senda peonil Priegue-Nigrán

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) vén de rematar as obras dunha senda peonil que transcurrre ao longo da estrada Vigo-Tui (PO-552) á altura da parroquia de Priegue, no Concello pontevedrés de Nigrán. Con esta actuación os veciños da zona poden camiñar desde a mencionada parroquia ata a entrada de Nigrán, empregando un itinerario máis seguro, completamente, habilitado ao efecto.

  • Publicado en Nigrán

Cortes na PO-252 Mondariz-Moscoso para mellorar o trazado

 A estrada PO-252 Mondariz-Moscoso permanecerá cortada ao tráfico en xeral, agás para o transporte escolar, entre os puntos quilométricos 2+000 e 2+600 ata o 18 de maio aproximadamente debido ás obras de mellora de trazado que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar.

Suscribirse a este canal RSS