«Mos Rehabilita» formará en albanelería e xardinería a 20 persoas desempregadas

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López–Chaves, achegouse hoxe ata a Axencia de Colocación de Mos para darlles a benvida aos 20 alumnos e alumnas que iniciaron a súa formación no «Mos Rehabilita», o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.

  • Publicado en Mos

O Obradoiro de Emprego de Redondela inicia o mantemento do Paseo da Portela

Esta semana os alumnos do Obradoiro de Emprego Xoven do Concello de Redondela comezaron os traballos de carpintería e vernizado no Paseo da Portela. Unha vez realizadas as horas de formación teóricas comezaron a impartirse parte das 720 horas prácticas que inclúe este obradoiro, do que forman parte 16 alumnos dos cales 8 se forman na especialidade de carpintería e vernizado e 8 en deseño gráfico.

Obradoiro remunerado de «Atención Sociosanitaria a domicilio e a institucións» no Porriño

Dezaseis veciñas e veciños do Porriño en situación de desemprego empezan o vindeiro luns, 1 de outubro, un obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil, remunerado, de 6 meses de duración, impulsado polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia. O obradoiro, como sinalou a súa directora na presentación do mesmo, abrangue formación teórica e práctica sobre Atención Socio-sanitaria a Domicilio e a Institucións, durante un período de medio ano.

Clausura do Obradoiro de Emprego «Redondela Vilabela»

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo acalde de Redondela, Javier Bas, clausurou o obradoiro de emprego «Redondela VilaBela» e felicitou, na Leira da Xunqueira, aos alumnos e alumnas que participaron nesta iniciativa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello. O Goberno galego destinou a este taller, no que se formaron 20 desempregados nas especialidades de cantería e agricultura ecolóxica, xardíns e viveiros, preto de 280.000 euros.

O obradoiro «Terras do Miñor» ofrece un almorzo saudable para os maiores da comarca

O Obradoiro de Emprego Terras do Miñor VI, promovido pola Mancomunidade de Concellos do Val Miñor e subvencionado con Fondos Europeos e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, serviu esta mañá un «Almorzo Saudable» no C.E.E. de Panxón a 75 maiores de asociacións de toda a comarca, 25 de cada un dos concellos que compoñen a mancomunidade: Nigrán, Baiona e Gondomar.

  • Publicado en Nigrán

Mos, pioneiro en impartir formación de reanimación cardiopulmonar homologada polo 061

Os alumnos/as-traballadores/as do Obradoiro Municipal de Emprego Mos Verde II veñen de participar, esta semana, nun curso homologado polo 061 de reanimación cardiopulmonar, unha acción formativa dunha mañá de duración que lles aporta aos e ás participantes, unha titulación homologada acreditando o uso de desfibriladores. Mos convértese, deste xeito, no primeiro concello en ofrecer un curso destas características, o mesmo que recibe o persoal sanitario que traballa en ambulancias.

  • Publicado en Mos

Redondela entrega a Cáritas produtos colleitados no Obradoiro de Emprego

O Concello de Redondela fixo entrega hoxe a Cáritas dos produtos da horta colleitados polos alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego «Redondela Vila Bela» da especialidade de agricultura ecolóxica. O incremento na duración destes obradoiros, que se aprobou este ano e fai que pasen dunha duración de seis meses a unha de nove, facilita que se cultiven e recollan moitas mais variedades de vexetais.

Suscribirse a este canal RSS