Diego Giráldez presenta o venres 'Hotel para coleccionistas discretos' no Círculo do Porriño

O venres 22 de marzo, ás 20:30 h, o escritor porriñés Diego Giráldez presentará a súa novela 'Hotel para coleccionistas discretos' no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. No evento, aberto ao público, participarán xunto ao autor a presidenta do Círculo, María José Giráldez; a escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Giráldez contará tamén coa participación do pianista Alejo Amoedo, que adaptou a piano para a ocasión un tema do músico arxentino Astor Piazzola, que aparece mencionado na novela.

Tráfico e cultura, «Aparca ben e leva un libro»

O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila en colaboración coa Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos.

A mocidade do Porriño pide medidas que freen o cambio climático

Unha chea de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos 'Pino Manso' e 'Ribeira do Louro', reclamaron aos políticos, "sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas.

A Levantina despedirá a máis do 20% do persoal do centro do Porriño

O comité de empresa da trasnacional Levantina y Asociados de Minerales, referente mundial no sector da pedra natural, celebrou hoxe unha asemblea de traballadores e traballadoras para analizar o ERE extintivo que afectará a 33 persoas no centro de traballo do Porriño, o que representa máis do 20% do persoal. A representación sindical volverá a convocar aos traballadores unha vez se celebren as primeiras xuntanzas coa dirección, previstas para o vindeiro mércores 20 e para o xoves 21.

Mabel Lozano insta aos homes "a ser proactivos contra a prostitución e a trata"

A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numero público asistente anoite a proxección celebrada no Circulo Recreativo e Cultural de Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación 'As Mulleres fan Porriño' en torno ó 8M, Día Internacional da Muller.

O PP porriñés asegura que o Concello "debe 5,7 millóns de euros a provedores"

O portavoz e presidente do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, cualificou de "nefasta" a xestión do goberno municipal que provocou que na páxina oficial do Ministerio de Facenda figure como "o concello da provincia de Pontevedra –de menos de 20.000 habitantes– coa maior débeda a provedores". A xestión do executivo local, sinala Lorenzo, da como froito "unha débeda de case 6 millóns de euros coa que lastran o porvir do municipio". 

O Porriño, Concello Amigo da Infancia, presenta a programación «Vive a cultura urbana»

«Vive a Cultura Urbana», programa de ocio activo dirixido á mocedade que comezará o vindeiro venres 15 de marzo, “é un xeito de darlle máis dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF” manifestou a alcaldesa Eva García de la Torre na rolda de prensa celebrada no Concello porriñés. “Queremos prestar máis atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou a rexedora local.

Elaboración artesanal de conservas e ungüentos naturais en 'Coas mans na masa'

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural segue apostando pola formación e posta en valor do territorio. Tras o éxito acadado en 2018, a Escola Eu Rural pon en marcha a segunda edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo centrado na transformación de produtos do sector agrario que busca engadir valor no mercado a través da transformación de materia prima abundante na contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

Suscribirse a este canal RSS