Castelo de Dona Urraca inaugura este domingo a mostra “trazos y letras”

O Concello de Salvaterra de Miño dentro da súa campaña de promoción e posta en valor do seu patrimonio, a través dos diferentes usos dos mesmos, presenta unha nova exposición enmarcada dentro do Castelo de Dona Urraca baixo o lema “trazos y letras” do artista plástico Marco Santos e a escritora Elena Ojea, é unha interacción entre pintura e poesía. Trátase dunha colaboración onde se xoga a interpretar diferentes realidades sociais dende diferentes pero interrelacionadas expresións artísticas.

Suscribirse a este canal RSS