Aberta a inscripción para participar na andaina turistica do Sobroso

A Deputación de Pontevedra organiza o vindeiro sábado, 7 de outubro, unha ruta turística  no Castelo de Sobroso. Esta andaina encádrase dentro do plan de posta en valor deste espazo fortificado de importante interese histórico e turístico. Dito plan comprende as obras de mellora previstas no convenio co concello de Ponteareas, titular do Castelo, a pasada primavera para a creación dunha senda con paneis de información con códigos QR e audioguías que divulgan a riqueza botánica dos xardíns de Sobroso e agora a posta en valor e dinamización turística do recinto con esta ruta.

Ponteareas presenta o proxecto 'Entre Nós' para alumnado de secundaria

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas reuníuse coas directivas e departamentos de orientación dos centros escolares de secundaria locais para presentarlles o Proxecto “Entre Nós”, un programa de mediación para o alumnado con condutas desaxustadas ou disruptivas que se porá a disposición das familias e centros a partir do 1 de outubro e que tivo moi boa acollida por parte dos representantes dos centros escolares.

O Concello de Arbo organiza este domingo a I Gala Pequenos Grandes Artistas

O Concello de Arbo organiza este domingo a I Gala Pequenos Grandes Artistas, co obxectivo de homenaxear aos nenos e nenas que desenvolven algunha disciplina artística ou deportiva nesta vila coa celebración da gala, na que cada un deles amosara o seu talento na categoría correspondente. A actividade terá lugar no Pavillón Polideportivo de Arbo, a partires das 8:30 horas e colaboran a Asociación da ANPA a Lumbre, Banda de Música de Arbo e Asociación Deportiva Equinos.

  • Publicado en Arbo

Semana Cultural en Fiolledo, Salvaterra, do 10 ó 14 de xulio

Un ano máis a Ascociación Cultural FIOYE2 organiza a Semana Cultural en Fiolledo (Salvaterra de Miño), do 10 ó 14 de xulio en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño. A programación deste ano arranca o luns, día 10 ás 21 horas co Grupo de Teatro Infantil Garabullada de Randufe, que porá en escea a obra:"Vaya lata de Pirata". O martes, día 11 ás 17 horas chegará o turno de "Festa da auga" e omércores, día 12, ás 21 horas "Coliño bailongo". 

A V edición do Festival Groba achegará a música clásica a tódolos públicos

O Concello de Ponteareas acolleu  a presentación da V edición do Festival Groba que terá lugar dende o día 11 ao 18 de agosto de 2017. O Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o Deputado Provincial de Cultura, Xosé Leal e o propio compositor, Rogelio Groba, quixeron arroupar e apoiar hoxe á Orquesta de Cámara Galega, organizadora do Festival Groba, e ao Concello de Ponteareas como anfitrión e colaborador deste importante certame musical.

Mondariz inicia o procedemento para a explotación do quiosco da praia fluvial do Ceo

O Concello de Mondariz vén facer públicas as bases polas que se rexerá o contrato administrativo especial de explotación do quiosco da praia fluvial do Ceo, unha instalación de 30 metros cadrados situada nun lugar de alta afluencia de público durante a época estival. O prazo de utilización do ben de dominio público será, segundo estipulan as bases, de dous anos a partir da sinatura do contrato, susceptibles de prórroga anual expresa por dous anos máis, ata un máximo total do contrato de catro anos.

Os campamentos de verán de Salvaterra amosan ós cativos a reciclaxe

A Consellería de Medio ambiente  e Sogama, organizan en colaboración co Sistema Integrado de Xestión de envases lixeiros e o Concello de Salvaterra de Miño, o vindeiro luns actividades de concienciación no municipio, a través de dúas actividades. Coincidindo co inicio dos campamentos de Verán que organiza o Concello para os máis cativos, levaranse a cabo diversas actividades lúdico – formativas en materia de recollida selectiva e reciclaxe de residuos entre os máis de 60 nenos e nenas que participan na primeira quincena dos campamentos gratuítos do Parque Público A Canuda.

Pasarela 'Mondariz Midnight Fashion Show', mañá, en Mondariz Balneario

Mondariz Midnight Fashion Show chega á súa cuarta edición, este venres, 30 de xuño, nunha noite máxica que será un encontro de xentes da moda, responsables do 'Made in Galicia'. A pasarela, que se celebra ás 21.30 horas na contorna dos xardíns do Gran Hotel do Balneario de Mondariz, estará aberta ao público en xeral e terá continuación nunha cea onde se entregará o III Premio Gene Cabaleiro aos Novos Valores do Deseño Galego. Un evento que conta coa colaboración de Twenty Century Fox e Grupo ABC Asesores Tributarios e Avogados.

Suscribirse a este canal RSS