Nigrán celebra o Días dos Namorados cunha excursión de 154 maiores

O Concello de Nigrán festexa hoxe o Día dos Namorados cunha excursión de 154 maiores do municipio a Vilaboa e Soutomaior e posterior xantar-baile en Redondela. O grupo saíu ás 9:30 horas en tres autobuses dende a Casa do Concello para visitar Vilaboa e as salinas de Ulló e, ao mediodía, o mirador de Cotorredondo e Lago Castiñeiras. Ás 14:00 horas participaron a un xantar-baile no Restaurante Casas de Redondela.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán inicia o empedrado da rúa Igrexa en Chandebrito

O Concelllo de Nigrán iniciou esta semana as obras para empedrar mediante lastras a rúa Igrexa, situada no núcleo de Chandebrito e pavimentada ata agora en aglomerado asfáltico xa moi deteriorado. Os traballos, a cargo de Sitexca 2016 e cun orzamento de 60.350 € a cargo do Plan Concellos da Deputación, suporán non só unha mellora no mantemento e conservación do firme, se non unha posta en valor dos elementos patrimoniais e etnográficos deste núcleo de aldea tradicional único no municipio, repercutindo sen dúbida nunha gran mellora paisaxística.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán inicia unha interesante programación especial cara ao 8 de marzo

O Concello de Nigrán arranca xa a súa programación especial do 8 de marzo facendo un chamamento á veciñanza para que envíe fotos ao consistorio, anteriores a 1970, nas que as protagonistas sexan mulleres do municipio. O obxectivo do Goberno local é visibilizar e por en valor o papel esencial da muller de Nigrán organizando posteriormente unha exposición con todo o material recompilado.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán acolle, dende o luns, a mostra 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'

O salón de plenos do concello de Nigrán acollerá este luns, ás 12.00 horas, a inauguración da exposición da Deputación 'Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar'. Trátase dunha mostra promovida pola institución provincial, en colaboración coa Universidade de Vigo, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Poderá visitarse de luns a venres, de 9:00 h a 15:00 horas, dende este luns ata o martes 26 de febreiro.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán abre a inscrición para o concurso de Comparsas de Entroido

O Concello de Nigrán abre ata o 1 de marzo (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 9 de marzo ás 19.00 horas. En total, haberá 3.000 euros repartidos en nove premios (600 €, 500 €, 400 €, 350 €, 300 €, 250 €, e os seguintes 6 clasificados con 100 euros) e cada unha das comparsas pertencentes a asociacións culturais, deportivas e veciñais do municipio percibirán unha dotación adicional de 300 euros.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán organiza un curso gratuíto de 'Soldadura tig' para persoas en desemprego

O Concello de Nigrán organiza un curso gratuíto de 'Soldadura TIG' dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio que posúan, como mínimo, o Graduado Escolar e/ou equivalente. Terá unha duración de 260 horas (140 teórico-prácticas en horario de mañá e 120 de prácticas en empresas) e ten previsto o seu inicio o 25 de febreiro, arrancando o prazo de inscrición este luns.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán elimina os postes de baixa tensión da rúa San Roque en Camos

O Concello de Nigrán emprendeu esta pasada semana as obras que permitirán eliminar, definitivamente, os postes que invaden aleatoriamente a calzada e beirarrúas da rúa San Roque (Camos) coa conseguinte mellora da seguridade vial e da accesibilidade para peóns e condutores. Así, o Goberno local resolverá entre o mes de febreiro e marzo esta débeda histórica coa parroquia e reiterada dende hai unha década pola Asociación de Veciños 'A Camoesa'. Con anterioridade, e a instancias do Goberno local, telefónica soterrou o seu tendido.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS