Baiona premia aos mellores escaparates do Nadal

O salón de plenos da casa do Concello de Baiona acolleu a reunión do xurado do concurso 'Decorando Baiona no Nadal' promovido pola Concellería de Comercio do concello baiones. O xurado, tiña diante de si a difícil tarefa de decidir os escaparates gañadores, estaba formado por un representante de ACEBA, COEMSA, unha persoa vinculada ás artes escénicas e escenografía e dúas técnicas do Concello.

  • Publicado en Baiona

A Guarda agradece a colaboración das asociacións que decoraron as prazas no Nadal

O Concello da Guarda fixo entrega na mañá do martes día 8 de xaneiro duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas durante o pasado Nadal na Guarda. Con este acto, o Concello guardés quería agradecer a colaboración de todas elas para que a vila presentase, nestas pasadas festas, un espectacular aspecto.

Os Reis Magos visitaron a Residencia Monte Santa Tecla

O venres 4 de xaneiro as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar a Residencia para a Terceira Idade Monte Santa Tecla no día anterior á Cabalgata de Reis.

Os Reis Magos chegan á Guarda

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata Cabalgata de Reis. As súas Maxestades de Oriente visitan este venres día 4 de decembro pola tarde aos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o grupo Do Lusco ó Fusco, para animar e bailar cos nosos maiores nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

Todo preparado para a Cabalgata de Mos

O Colexio Mestre Martínez Alonso, en Castro-Mos, é estes días a fábrica de ilusión para os máis pequenos. No recinto do centro educativo estanse a dar os últimos retoques para que Mos volva ter a súa mellor Cabalgata de Reis. As carrozas están listas para recibir o vindeiro sábado a Melchor, Gaspar e Baltasar. A temática deste ano será a fantasía, polo que o universo, a música e os contos serán os grandes protagonistas da comitiva real.

  • Publicado en Mos

A Guarda continúa coa programación de Nadal con cinema, pista de xeo e Cabalgata

O Nadal continúa na Guarda cunha extensa e variada programación de actividades nas que se inclúen o cinema, a animación musical polas rúas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. Cómpre salientar que, ata o de agora, a pista de xeo que está instalada na Alameda da Guarda, xa recibíu a visita de máis de 1.500 persoas.

  • Publicado en A Guarda

Tomiño segue a vivir un Nadal cheo de actividades

Tomiño segue a gozar dun Nadal de conto e cheo de diversión, entretemento e ofertas de lecer pensadas para o público máis novo e para o desfrute destas datas en familia. Tras unha semana de obradoiros, contacontos e na que se recibiu a visita da Apalpadora, a programación de Nadal continúa esta fin de semana con dous espectáculos de música e teatro para todos os públicos e de balde para nenos e nenas.

  • Publicado en Tomiño

Nigrán acolle o concerto de 'Cé Orquestra Pantasma'

O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 17:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de 'Cé Orquestra Pantasma' co seu último traballo para cativos ‘A voar’. Ademais, estarán presentes os carteiros reais para recoller as últimas cartas para as Súas Maxestades de Oriente.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS