A Deputación convoca un posto directivo para cubrir a dirección do Museo

A convocatoria, na que está traballando o departamento de Recursos Humanos da Deputación e que se prevé publicar no BOPPO de xeito inminente, estará dirixida a persoas que teñan a condición de funcionarias de carreira ou laborais fixas das Administracións Públicas do grupo A1, que estean en posesión do título de Historia da Arte, Belas Artes, ou calquera outra disciplina análoga relacionada coas humanidades e ter unha experiencia profesional acreditada.

Esgotadas as 50 prazas da segunda sesión do programa 'Visitas Cruzadas'

Tras abrirse o prazo de inscrición esta mañá ás 10, en apenas dúas horas esgotáronse as 50 prazas para participar na sesión do vindeiro domingo de 'Visitas Cruzadas'. Trátase da segunda xornada deste programa especialmente deseñado para dar a coñecer as coleccións do Edificio Sarmiento e do Sexto dun xeito diferente ao habitual e da man de diversos persoeiros do eido cultural galego. O vindeiro domingo as persoas que exercerán de ‘guías ocasionais’ serán o director de cinema Jorge Coira e o xornalista e blogger Manuel Gago.

O Museo Provincial incorpora ás súas salas unha 'Virxe do Leite' do século XV

O deputado de Cultura, Xosé Leal, presentou no Museo de Pontevedra, a escultura dunha Virxe do Leite do século XV que vén de incorporarse ás salas de exhibición e que ten unha curiosa singularidade: chegou cunha cabeza que non lle correspondía e finalmente foi restaurada coa orixinal logo de que os técnicos do Museo descubriran que estaba entre os fondos provinciais.

Suscribirse a este canal RSS