I Forum Transfronterizo

«Xuntanza de Palilleiras» multitudinaria en Mos con motivo das Festas da Rosa

A tradicional Xuntanza de Palilleiras con motivo das Festas da Rosa chegou este ano á súa undécima edición. O número de participantes ascendeu a 500 pero ao longo do día de hoxe pasaron por Costoias máis de 800 persoas, entre palilleiros/as participantes e visitantes. A XI Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos celebrouse en Costoias-Tameiga dende as 10.30 horas do sábado 16 de xuño e, pola tarde, achegábase ata alí a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da concelleira de Cultura de Mos, Sara Cebreiro.

  • Publicado en Mos

Éxito do obradoiro de cociña do Colexio de Atín de Mos

O alumnado de 5º de Primaria do CEIP Atín-Cela impartiu, o pasado venres na Ludoteca de San Rafael, un taller de repostería en colaboración coa concellería de Participación Cidadá, no que participaron un total de 21 nenos e nenas. Os escolares do Colexio de Atín están a demostrar que, ademais de pequenos grandes xornalistas, son uns magníficos cociñeiros. Cómpre lembrar que o alumnado do CEIP Atín-Cela gañou dous segundos premios no concurso de Faro da Escola: Mellor Xestión de Negocio e Mellor Uso Audiovisual e de Novas Tecnoloxías.

  • Publicado en Mos

Mos rexistra a cifra de paro máis baixa dende hai trece anos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, deron conta onte "da histórica baixada do paro" que está a experimentar o municipio mosense, que acada índices de desemprego do ano 2005 e rexistra a menor taxa de paro do Concello dende hai 13 anos. En maio de 2005 eran 1.041 as persoas en situación de desemprego existentes en Mos, fronte ás 1.022 rexistradas en maio de 2018. "Fai 13 anos eran incluso 19 parados máis respecto dos que hai a data actual" apunta o Concello de Mos.

  • Publicado en Mos

Mos clausura as actividades extraescolares nas que participaron máis de 300 nenos e nenas

Un total de 304 nenos e nenas de Mos, acompañados das súas familias, participaron o pasado sábado no Campo das Baloutas, ao acto de claudura das actividades extraescolares ofertadas polo Concello que preside Nidia Arévalo. Fútbol Sala foi a actividade extraescolar máis demandada entre as catro impartidas neste curso escolar e xestionadas polas ANPAS nos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio que foron totalmente gratuítas para os participantes.

  • Publicado en Mos

O xogador do Celta, Brais Méndez, pregoeiro das Festas da Rosa de Mos

O centrocampista do Real Club Celta de Vigo, Brais Méndez, natural de Mos, presentou hoxe xunto coa alcaldesa Nidia Arévalo, a programación das Festas da Rosa 2018 do municipio mosense que se alongarán durante todo o mes de xuño. O programa, que comezará esta mesma fin de semana, ofrece un mes de actividades lúdicas, festivas e deportivas para todos os públicos, no que o día grande será, como tódolos anos, o 13 de xuño, festivo local.

  • Publicado en Mos

«III Trofeo Rosaleira Vila de Mos», esta fin de semana no pavillón Óscar Pereiro

Os vindeiros días 2 e 3 de xuño, o pavillón «Óscar Pereiro» de Mos acollerá a desputa do «III Trofeo Rosaleira Vila de Mos» que organiza o club de patinaxe mosense «Rosaleira». O club de patinaxe mosense Rosaleira organiza o seu III Trofeo Rosaleira Vila de Mos que se celebrará os vindeiros días 2 e 3 de xuño no Pavillón Óscar Pereiro.

  • Publicado en Mos

Mos e Fundación Celta asinan o convenio do «V Campus Fundación Celta-Rubén Blanco»

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o director da Fundación Celta, Germán Arteta Torres, asinaron na mañá de hoxe, na Casa do Concello, o convenio de colaboración para o desenvolvemento do «V Campus Fundación Celta-Rubén Blanco», nun acto no que tamén estaban presentes Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga (en cuxo campo se realizará o campus); Baldomero Lorenzo, concelleiro de Deportes, e o tamén edil, Luis Alonso.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS