A Guarda amosará todo o seu potencial turístico en FITUR

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa trixésimo novena edición. O concello guardés promocionará o seu potencial turístico no stand de Turismo de Galicia e, o xoves ás 12 horas, tamén estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra onde se promocionará o Destino Rías Baixas como Destino gastronómico dentro da campaña 'Fame de Experiencias'.

  • Publicado en A Guarda

A Atención ao Cliente centrou a charla de Fátima Rodríguez en 'Comercio Innova Plus'

O Concello da Guarda continúa coas actividades do programa formativo 'Comercio Innova Plus'. O pasado luns día 21 de xaneiro tivo lugar unha charla sobre «Innovación no cara a cara co cliente», que se realizou na Casa dos Alonsos da Guarda a cargo da poñente Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, quen posúe unha ampla experiencia como formadora en habilidades comunicativas e atención ao cliente. Dende fai case 4 anos dirixe o seu propio proxecto profesional a través de Talentea, unha consultoría de proxectos ubicada en A Guarda.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda agradece a colaboración das asociacións que decoraron as prazas no Nadal

O Concello da Guarda fixo entrega na mañá do martes día 8 de xaneiro duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas durante o pasado Nadal na Guarda. Con este acto, o Concello guardés quería agradecer a colaboración de todas elas para que a vila presentase, nestas pasadas festas, un espectacular aspecto.

A auga, protagonista dunha exposición fotográfica na Guarda

O martes día 11 de decembro a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel. O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; as concelleiras de Turismo e Cultura, Montserrat Magallanes e Elena Baz, respectivamente, así coma unha representación de Afundación e de Abanca, coorganizadores desta exposición e público asistente.

  • Publicado en A Guarda

O alcalde Antonio Lomba e a deputada Montserrat Magallanes inauguran «Tecnoimaxin» da Guarda

O xoves 25 de outubro a Casa dos Alonsos da Guarda foi o escenario da inauguración da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», acto que contou coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o concelleiro de Formación e Emprego, Xavier Crespo e a deputada provincial, Montserrat Magallanes. Antonio Lomba destacaba nas súas palabras a "dinamización comercial pola que se aposta no Concello da Guarda, pero pero tamén o apoio preciso a aqueles que precisan unha axuda para emprender e innovar".

  • Publicado en A Guarda

A «III BTT Ruta do Viño Rías Baixas» pasará polo Rosal e Tomiño

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará o domingo 21 de outubro, a terceira edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas, na que os organizadores esperan un novo éxito de convocatoria, con máis de 250 participantes. Esta terceira edición trasládase a O Rosal e foi presentada onte no Pazo de Mugartegui. A proba contará cun percorrido de de 45,5 quilómetros, discorrerá entre os concellos do Rosal e Tomiño e terá o seu punto de inicio e finalización na Praza do Concello do Rosal.

  • Publicado en O Rosal
Suscribirse a este canal RSS