Mercado de Goián, renovado e especializado en produtos da terra

Un mercado renovado e especializado en produtos da terra que funcione como espazo comercial e lugar de encontro da veciñanza. Así é o novo Mercado Municipal de Goián, que abriu as súas portas este sábado 22 de decembro despois de ser remodelado como aposta do Concello de Tomiño polos dos produtos de proximidade.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño celebra o día 23 o seu primeiro mercado creativo de Nadal

O Concello de Tomiño organiza o domingo 23 de decembro, en colaboración cos praceiros e praceiras do mercado municipal, o seu primeiro «Mercado Creativo de Nadal». Será na Praza do Seixo, entre as 11 h e as 21 horas. Neste mercado haberá postos de artesanía, ilustración, moda, arte, decoración e complementos, distribuídos nos soportais e arredores do mercado e na praza, diante do Concello.

  • Publicado en Tomiño

Bo funcionamento do mercado dos sábados na contorna da Alameda da Guarda

O pasado sábado día 22 de setembro o Mercado Semanal da Guarda retomaba a súa actividade despois de terse suspendido, na anterior semana, por mor do inicio das obras de Concepción Arenal e pola actividade da II Mostra Asociativa. Na xornada do sábado, segundo sinala o Concello guardés, "a afluencia ao Mercado Semanal foi excepcional, moitos veciños da Guarda, localidades próximas e visitantes aproveitaron para facer as súas compras na vila".

Cambio de data do mercado ambulante de Ponteareas do sábado 29

A concellería de Comercio que dirixe Inés Vidal informa de que o mercado ambulante do sábado día 29 trasládase ao venres día 28 ao coincidir coas distintas actividades da celebración das festas de San Miguel. Inés Vidal agradece a comprensión dos vendedores do mercado ambulante de Ponteareas e do tecido comercial en xeral e convida a toda a veciñanza "a gozar da programación das festas de San Miguel e facer as súas compras para esta festividade no comercio local".

Tomiño remata as obras de remodelación do mercado de Goián

O Concello de Tomiño vén de dar por rematados os traballos de remodelación da praza de abastos de Goián, ─reconstrucción segundo un novo concepto, habería que dicir─ o que converte ao mercado de abastos da parroquia nunha instalación moderna, humanizada e conseguindo que o recinto, como xa o fixera coa marabilla que é a praza de abastos do Seixo, sexa "un recinto de oportunidades" como se sinala dende o Concello.

  • Publicado en Tomiño

II Xornadas Micolóxicas da Asociación de praceiros do Mercado de Tomiño

A asociación de praceiros e praceiras do Mercado Municipal de Tomiño e a asociación sociocultural Senraia organizan en colaboración co Concello de Tomiño a segunda edición das Xornadas Micolóxicas, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de novembro e que contará cunha exposición de cogumelos, degustacións e saídas didácticas.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS