O Goberno ponteareán á Xunta que explique a suspensión das obras da Avenida Castelao

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleira de Vías e Obras e Urbanismo, Chus Garrote, veñen de esixir á Xunta de Galicia e a concelleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, "unha explicación ante a orde de paralizar as obras menores de mellora da seguridade viaria na Avda Castelao previstas para realizar esta mesma semana". O vindeiro luns deberían comezar os traballos para cambiar o paso elevado desta rúa, á altura do edificio 15 de maio, para reubicalo e ademais facelo elevado.

As Neves continúa co seu programa de mellora da rede viaria

O Concello das Neves continúa coa reparación de camiños durante 2018, desenvolvéndose agora os traballos en Garavisco-Aldea, Carrasqueira e Chan. A inicios de ano os esforzos tiveron que centrarse en Santa Olaia de Batalláns sobre todo en Trasdoval e Pío. As enchentes derivadas dos lumes de 2017 afectarons a 4 puntos nos que os regatos cruzan nas estradas deixando 3 desdes puntos co tráfico pechado. Nese punto reparáronse as canalizacións, os muros e o asfaltado.

  • Publicado en As Neves

Arranxo da N-555, unha mellora que non o é tanto

O colectivo veciñal pola Seguridade da N-555, ao seu paso polo municipio de Redondela, vén de amosar o seu rexeitamento ás obras de mellora dese vial, que ten pensado acometer o Ministerio de Fomento xa que, segundo o colectivo, non garante a seguridade dos numerosos veciños e veciñas que, a diario, teñen que circular a pe por esa estrada.

Tomiño arranxa as estradas de Gándara a Solvado e Cristelos

O Concello de Tomiño ven de rematar as obras de mellora nas estradas de Gándara a Solvado e de Cristelos, co que máis de 40 veciños se ven beneficiados polos traballos realizados nestes camiños que dan acceso a vivendas, fincas e comunican internamente as parroquias de Tomiño con Barrantes. Este investimento, ademáis, permitiu aumentar o acceso do largo da vía mellorando a accesibilidade e a seguridade en ditos camiños.

  • Publicado en Tomiño

O Concello de Mos da continuidade ó seu plan integral de mellora viaria

O Concello de Mos comezou a desenvolver os traballos incluídos dentro dun amplo proxecto de mellora viaria que se iniciara na lexislatura pasada e terá a súa continuidade nesta nova etapa. Os traballos de reposición do firme exténdense por varias parroquias mosenses e, ademais de camiños de estradas, inclúen un aparcadoiro e un torreiro.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS