A «Operación Carballo» chega a Ponteareas

A oficina municipal de voluntariado, dependente da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, convida a toda a veciñanza a participar na «Operación Carballo» que terá lugar este sábado día 15 de novembro ás 10 horas na casa cultural de Arcos, unha actividade que, como sinala a concelleira Verónica Carrera, desenvólvese en colaboración coa Consellería de Política Social e a Comunidade de Montes de Arcos.

Unha denuncia de Adenco da lugar a unha nova multa ao Concello de Ponteareas

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación de resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola que se impón unha multa de 900 euros ao concello de Ponteareas por vertedura directa ao cauce do Tea procedente dun pozo de bombeo da rede de saneamento municipal na Freixa. Na resolución a Confederación advírtelle ao concello de Ponteareas que se absteña de realizar calquera vertedura sen dispor de autorización.

A Guarda instala novos puntos de recollida de aceite usado

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de instalar novos puntos de recollida de aceite de cociña usado dentro dunha campaña para evitar que este tipo de aceites, altamente contaminantes, se vertan a rede de saneamento, contribuíndo ao medio ambiente e favorecendo a reciclaxe destes materiais para xerar biodiesel, facendo fincapé na economía circular.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda promove a utilización da compostaxe doméstica

O Concello da Guarda ven de adherirse un ano máis á Campaña promovida dende Sogama e a Xunta de Galicia para facilitar a compostaxe doméstica cunha nova entrega de 50 composteiros individuais entre a poboación. Deste xeito o Goberno que preside Antonio Lomba reafírmase na súa aposta pola compostaxe. Entre o ano 2014 e 2017 o Concello da Guarda ten entregado xa máis de 170 composteiros individuais o que fai neste ano 2018 un total de 220 composteiros.

  • Publicado en A Guarda

Máis de 1.500 árbores para reforestar as zonas queimadas en Salceda

A Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño, ubicada na parroquia de Entenza en Salceda de Caselas, ven de realizar unha donación de árbores ás comunidades de montes de Santa María, Picoña, San Xurxo, Parderrubias e Santo Estevo de Budiño, parroquias todas elas gravemente afectadas pola vaga de lumes de outubro do 2017.

As unitarias de Redondela, un exemplo na reciclaxe

A Concelleria de Medio Ambiente do Concello de Redondela entregou os diplomas e premios  á escola unitaria de Cesantes e á escola unitaria de Ventosela ao ser os dous centros educativos que máis aceite lograron reunir, de entre todos os centros de Redondela, en proporción  ao número de alumnos.

«Que non quede ningún», lema do Irmandamento entre Mos e Ponteareas

O pasado domingo tivo lugar o «III Irmandamento entre Mos e Ponteareas», celebrado na Serra do Galleiro co chamado «Roteiro entre Castelos», unha xornada que coincidía coa celebración do Dia Europeo do Patrimonio. No denominado Castelo de Mos, levouse a cabo unha limpeza de eucaliptos que rebrotaron nos últimos meses no xacemento, baixo o lema «que non quede ningún».

  • Publicado en Mos

Mondariz instala unha estufa de pellets na escola de Lougares

A escola de Lougares conta, desde este mesmo mes, cunha estufa de pellets reforzando así, tal e como sinala o Concello de Mondariz, "a aposta que o Goberno local fai a prol das enerxías renovables á hora de dotar de calefacción aos locais de titularidade pública". A instalación desta estufa fíxose con cargo ao sobrante das baixas xeradas nos investimentos do Plan Concellos 2016 e supuxo un investimento de 1.400 euros.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS