Baiona acolle, este domingo, o XX Cros Escolar do Val Miñor

O vindeiro domingo día 13 de Xaneiro, a partir das 10:45 h, o antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, no concello de Baiona, acollerá a vixésima edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. 

  • Publicado en Baiona

Baiona abre a inscrición para o XII Torneo Escolar de Tenis

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona, que dirixe María Jesús Martíns Passos e o Club de Tenis de Baiona, veñen de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na decimo segunda edición do «Torneo Escolar de Tenis» e que se disputará o vindeiro 2 de xuño nas instalacións do Pavillón Municipal de Baiona e o Pavillón Escolar de Covaterreña, onde se instalarán varias pistas de mini tenis e tenis desenvolver esta actividade que busca reforzar o programa escolar deportivo e a propia Escola Deportiva Municipal de tenis.

  • Publicado en Baiona

Baiona adxudica o contrato de Servizos e Instalacións deportivas con importantes melloras

O Concello de Baiona adxudica o contrato de servizos prestación de actividades físicas e deportivas e control de instalacións deportivas municipais á empresa FF. Aqualia S.A., por 276.546,78 € por un prazo de dous anos prorrogables por outros dous, ao ser esta a empresa que presentou a proposición máis vantaxosa para os intereses municipais de entre as que optaban a dar o servizo.

  • Publicado en Baiona

Rematan as actividades co Campus de Ciclismo de Baiona

Remataron xa as actividades do Campus de Ciclismo que, durante toda a pasada semana, permitiu aos nenos e nenas de Baiona, comezar a tomar contacto co mundo da bicicleta. Os pequenos participantes coñeceron, ao longo das mañás, as múltiples modalidades que ofrece este deporte. A concelleira de Deportes do Concello de Baiona, María Jesús Martíns Passos, acudiu aos adestramentos e falou cos participantes de cara a coñecer de primeira man como foi a súa experiencia sobre as dúas rodas.

  • Publicado en Baiona

Nenos e nenas de Baiona gozan xa da Semana Verde

Nenos e nenas de Baiona gozan xa da actividade de campamento que, baixo o nome de Semana Verde, organiza o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes en colaboración con ANPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente. Este ano, a acampada escolar este ano ten lugar nas instalacións do Cámping Baiona Praia.

  • Publicado en Baiona

Máis de 180 escolares, na Semana Azul 2016 que se celebra na Ladeira

A concelleira de Deportes, Mª Jesús Martins Passos, acudiu onte á Praia Ladeira para dar a benvida aos máis de 60 nenos e nenas que comezan hoxe as actividades da 'Semana Azul 2016' enmarcada dentro da Campaña Escolar de Fomento de Deportes Naúticos que organizan a Concellería de deportes e a Actividades Marítimas do Concello de Baiona. As novas instalacións de wetsport en Ladeira e o a propia praia da Ladeira serán os escenarios nos que o alumnado levarán a cabo as actividades.

  • Publicado en Baiona

Baiona desenvolverá un ciclo de conferencia sobre 'Saúde e Benestar'

A concellería de Benestar do Concello de Baiona, María del Carmen Paredes, acompañada polo alcalde, Ángel Rodal  presentou esta mañá o 'I Ciclo de Conferencias Saúde e Benestar' que se desenvolverán na Capitanía Marítima de Baiona dende este mes de xaneiro ata xuño e que tratarán temas relacionados coa saúde e o benestar dende diferentes prismas. A cita será os segundos venres de cada mes ás 19:30 horas.

  • Publicado en Baiona

900 escolares, no XVII Cross Escolar do Val Miñor organizado polo Concello de Baiona

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acompañado polo xefe de servizos para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides e a concelleira de deportes, María Jesús Martíns Passos, presentou na mañá de hoxe, no salón de Plenos do Concello de Baiona, a XVII Edición do Cross Escolar do Val Miñor que se celebrará o vindeiro domingo día 17 de Xaneiro, a partir das 10:45 h, no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, Baiona. Na proba participarán máis de 900 escolares do Val Miñor así como de Vigo e da súa área metropolitana.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS