O alumnado do CEP Barrantes achegan a figura de Rosalía á veciñanza de Tomiño

 Achegar a Rosalía de Castro como muller e como escritora á cidadanía, “xa que todo o mundo coñece a súa figura pero non a súa obra”. Ese era o obxectivo co que os e as estudantes de 5º e 6º de primaria do CEP Barrantes trasladáronse este mércores das aulas á Praza do Seixo, onde durante gran parte da mañá repartiron flores de papel e poemas da autora galega e recitaron algúns dos seus poemas para celebrar o Día de Rosalía, que se conmemora cada 24 de febreiro.

  • Publicado en Tomiño

A. Neira Cruz, «O sono das sereas»

«O sono das sereas» chega a nós logo de resultar vencedora do Premio Repsol de novela curta do pasado ano. Unha historia de medo e superstición, de segredos agochados durante séculos e de comuñón entre mundos distantes e contrapostos: o ceo e o inferno, o coñecemento e a ignorancia, a fe e o agnosticismo, a ciencia e o fanatismo...

Alberte Momán, «Tripas»

A editorial Belagua presenta neste volume o último poemario de Alberte Momán, «Tripas», un libro formalmente visceral e un tanto negativista no seu contido, pois o entorno no que nos movemos nos últimos tempos non é para menos. E preséntao en dobre versión, a orixinal en galego e maila tradución ao castelán realizada por Estefanía Busto Dopazo.

O certame de relato curto de FANPA de Pontevedra ábrese á Universidade

A FANPA de Pontevedra bota a andar unha nova edición do Certame de Relato Curto que convoca en colaboración con Kalandraka Editora, e que conta co apio do concello de Pontevedra e da Deputación provincial. Ao igual que en anos anteriores, nesta convocatoria tamén se introduciu unha novidade, que nesta edición é a inclusión do alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo na categoría de adultos.

Francisco X. Fernández Naval, «Alma e o mar»

Non sei se a vós vos pasa, pero eu, cando comezo a ler unha novela, o primeiro que busco e ese fío que me vai conducir ao longo do relato, ese espiñazo sobre o que se articula a historia, a esencia do argumento. Acostuma a aparecer nas primeiras páxinas e, cando iso non sucede, síntome perdido e iso provoca un certo desacougo na lectura que dificulta o seu disfrute. O caso de «Alma e o mar» foi unha excepción.

Suscribirse a este canal RSS