Baiona destinará 208.000 euros do Plan Concellos para contratar a 38 persoas desempregadas

O Concello de Baiona destinará un total de 208,237 euros, de fondos procedentes da deputación de Pontevedra, para contratar 38 persoas desempregadas. A contía provén da liña que o organismo provincial prevé dentro do Plan Concellos 2018 para que os municipios utilicen nas conservacións de bens e servizos municipais. Dentro do montante de Deputación destinado a emprego, o Concello de Baiona quixo gastar o total da porcentaxe que se lle atribúe a estas funcións un 22,5%.

  • Publicado en Baiona

As Neves recibirá preto 175.000 euros en dúas novas achegas do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas novas achegas para o Concello das Neves, ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos ─investimentos─, por importe de 174.498,35 euros de cara a realizar obreas de mellora en Cruceiro, na subida Igrexa e Pios así como para acometer novos investimentos nos camiños de paso en Pereiro, Covelo e Santa Eulalia de Batalláns.

  • Publicado en As Neves

A Deputación destina outros 200.000 euros do Plan Concellos a Salceda de Caselas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega para o concello de Salceda de Caselas por valor de 200.000 euros. Con este novo investimento, para o proxecto de urbanización para o acceso ao novo centro de saúde na rúa Martires de Sobredo, Salceda xa ten aprobado o 100% do Plan Concellos 2017, – para un total de 639.870,53 euros–, un 12,64% máis que en 2016.

Redondela chega ao 100% dos investimentos do «Plan Concellos»

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, a última achega que lle corresponde a Redondela ao abeiro do «Plan Concellos 2017». Desta maneira, o goberno de Carmela Silva destinará 46.897,92 euros para realizar varias obras no Complexo Deportivo Santa Mariña

Suscribirse a este canal RSS