Salceda 'ficha' a Laura Seara para elaborar o seu II Plan de Igualdade

O Concello de Salceda de Caselas ven de iniciar a elaboración do 'II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes 2018-2021' cuxa redacción correrá a cargo de Laura Seara, quen foi directora do Instituto da Muller e Secretaria de Estado de Igualdade, ademáis de deputada do Parlamento Galego durante os anos de 2001 a 2009, polo que se parte con un amplo coñecemento sobre a materia que sen dúbida é garante dos mellores resultados.

Cedeira pecha 'Cociña e alimentación, hábitos saudables' do programa 'Conectadas'

A Deputada Provincial de Cohesión Social e Xuventude,Digna Rivas, entregou os correspondentes diplomas aos veciños e veciñas de Cedeira, en Redondela, que participaron no obradoiro 'Cociña e alimentación, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que tiña como finalidade a promoción e desenvolvemento da igualdade. Nestas actividades formativas participan tanto homes coma mulleres co obxectivo de promover o traballo en igualdade.

«Elisa e Marcela» o domingo no Auditorio de Goián

Este domingo, 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, o auditorio de Goian acollerá ás 18 horas a representación de «Elisa e Marcela» a cargo da compañía A Panadaría. Trátase dunha singular peza coproducida polo Centro Dramático Galego na que se relata a historia, —con pinceladas de humor, música e un excepcional traballo das actrices— de dúas mulleres galegas namoradas a comezos do século XX.

  • Publicado en Tomiño

Mañá continúan en Oia as charlas-obradoiro sobre corresponsabilidade

O CEIP Refoxos de Oia acollerá mañá, de 16.00 a 18.30 horas, unha nova charla obradoiro dentro da iniciativa que desenvolve o Concello e que busca rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais. Logo da primeira actividade que levaba por título «Corresponsabilidade e uso dos espazos e o tempo: os/as nenos/as poden e deben botar unha man na casa», mañá tratarse as relacións de igualdade e respecto entre nais e pais e fillos e fillas.

  • Publicado en Oia

Novas accións formativas do programa "Conectadas 2018" a partir do luns

 

A partir deste luns 263 mulleres e homes de 13 concellos da provincia comezarán os cursos programados ao abeiro do programa “Conectadas 2018”, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada á promoción e desenvolvemento da igualdade. A estas accións formativas poden sumarse tanto homes coma mulleres e o obxectivo é promover e traballar na igualdade.

O Servizo de Igualdade da Deputación convoca unha concentración contra os ataques machistas

O Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra convocou para este próximo mércores unha concentración de condena "de todo tipo de comportamentos e ataques machistas ás mulleres, e especialmente do machismo institucional dos cargos públicos". Baixo o lema de «Machismo institucional. Nin un minuto máis», a concentración xurde en repulsa "aos últimos insultos machistas do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán".

O berro «Basta xa» ao machismo asasino, abre a xornada da «Escola María Vinyals»

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, inaugurou esta mañá no Castelo de Soutomaior a xornada «Profesionais pola Igualdade» enmarcada na Escola de Igualdade María Vinyals. Ante un auditorio ateigado de xente e tralos “tráxicos” acontecementos desta semana, a presidenta provincial reclamou “medidas xa, non queremos máis minutos de silencio, queremos un berro de rexeitamento e repulsa ante este sistema patriarcal que fai que as mulleres teñamos que padecer todo tipo de desigualdades”.

A Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade» chega a Nigrán

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, e o alcalde de Nigrán e deputado provincial, Juan González, inauguraron este mediodía, no salón de plenos do concello, a exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», que poderá visitarse ata o vindeiro día 21 de setembro. A mostra está protagonizada polas bonecas «Barbie», que foron intervidas para amosar situacións de desigualdade, discriminación e violencia que aínda hoxe, en pleno século XXI, seguen a sufrir as mulleres dende nenas. No acto tamén participaron as artistas creadoras da exposición, Isabel Blanco e Irene Silva.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS