Mellora da seguridade viaria en Redondela coa nova pasarela da Ponte de San Xulián

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou onte en Redondela que a nova pasarela da ponte de San Xulián "permite pechar un itinerario peonil continuo" no treito urbano desta vila que, ademais de favorecer o desprazamento máis cómodo e seguro dos veciños, pon en valor o espazo no que se atopa un elemento patrimonial de grande interese, como é o Peto das Ánimas.

«Mos Rehabilita» formará en albanelería e xardinería a 20 persoas desempregadas

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López–Chaves, achegouse hoxe ata a Axencia de Colocación de Mos para darlles a benvida aos 20 alumnos e alumnas que iniciaron a súa formación no «Mos Rehabilita», o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.

  • Publicado en Mos

Mos pecha o «III Programa Integrado de Emprego» cun 50% de inserción laboral

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, clausurou onte a terceira edición do Programa Integrado de Emprego, PIE Mos 3.0 que acadou unha porcentaxe de inserción laboral do 50%. A estes datos, máis que positivos, engádese o feito de que das 85 persoas participantes neste programa, o 89% (76 usuarios/as) traballou nalgún momento ao longo do mesmo. Algún deles asinou máis dun contrato.

  • Publicado en Mos

A Xunta adxudica as obras de mellora do IES Escola Proval de Nigrán

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar por máis de 83.000 euros as obras de mellora dos aseos e vestiarios do IES Escolas Proval no Concello de Nigrán. Uns traballos que consistirán no acondicionamento na planta baixa dun espazo de 109,10 metros cadrados no que se localizarán tres vestiarios independentes; un masculino, outro feminino e un terceiro adaptado.

  • Publicado en Nigrán

Xunta e Concello de Gondomar tratan sobre o transporte metropolitano

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, recibiron hoxe ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e aos representantes da Asemblea Veciñal por un Transporte Digno, que reclaman a incorporación do municipio ao Plan de Transporte Metropolitano.

  • Publicado en Gondomar

Baiona convértese, esta fin de semana, na capital do paddlesurf

Baiona será, esta fin de semana, a «capital» do paddlesurf coa celebración da primeira edición do «Salitre Fest» e do Campionato de España de Paddlesurf. Ao acto de presentción asistiron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López–Chaves; a deputada de Cohesión Social e Xuventude dá Deputación de Pontevedra, Digna Rivas; a concelleira de Turismo, Beatriz González; a concelleira de Cultura, María Igrexas, e o director do Salitre Fest, Coque Araújo.

  • Publicado en Baiona

A Xunta conclúe a pavimentación do CPI Cova Terreña en Baiona

A O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo aclalde de Baiona, Ángel Rodal; o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e a concelleira de Ensino, Beatriz González,  achegouse hoxe ata o CPI «Cova Terreña» en Baiona coincidindo coa finalización das obras de pavimentación proxectadas neste centro escolar pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Unha intervención á que o departamento autonómico destinou máis de 42.000 euros e que consistiu na reforma dos espazos que ten o centro ao aire libre.

  • Publicado en Baiona

A Xunta supervisa a ampliación do CEP Altamira de Salceda de Caselas

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o CEP Altamira na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas para, acompañado pola alcaldesa accidental, Loli Castiñeira e a concelleira de Ensino, Tere Pérez, comprobar o estado das obras de ampliación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a acometer neste centro escolar.

Suscribirse a este canal RSS