Nigrán mellora as rúas de acceso a Porto do Molle e IES Val Miñor

O Concello de Nigrán concluíu esta semana as obras de mellora das rúas Gándara e Ponte Muíña que dan acceso ao parque empresarial Porto do Molle e ao IES Val Miñor e que supuxeron un investimento total de 220.000 €. Os traballos, que correron a cargo da empresa adxudicataria Fechi, supuxeron unha renovación radical de dúas estradas moi transitadas e en pésimas condicións, o que ocasionaba as lóxicas queixas dos usuarios.

  • Publicado en Nigrán

A Xunta adxudica a carpintería exterior do IES Val MIñor (Nigrán)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a obra de renovación da carpintería exterior do IES Val Miñor de Nigrán, na localidade pontevedresa de Nigrán. A intervención, que ten un prazo de execución de 2 meses, ten un orzamento de 201.084,94 €.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán celebra o Día Mundial do Medio ambiente coa exposición 'Un mar de lixo'

O Concello de Nigrán celebra dende mañá venres e ata o propio domingo 5 o Día Mundial do Medio Ambiente coa exposición "Un mar de Lixo", feita polos alumnos de 2º da ESO do IES Val Miñor. A inauguración será ás 19.30 horas e contará cos estudantes como guías, ademáis de haber unha charla sobre o impacto do lixo nas aves a cargo do ornitólogo Jaime Saíz.

  • Publicado en Nigrán

O alumnado do IES Val Miñor, prepara unha exposición sobre o impacto dos plásticos

O alumnado de 2º da ESO do IES Val Miñor que participou esta mañá na xornada medioambiental nos areais de Praia América e Panxón, organizada polo Concello de Nigrán, en colaboración con Cespa e o propio centro, están a ultimar unha exposición sobre o impacto dos plásticos na sociedade (a nivel económico, para as especies mariñas, a saúde humana, etc.), que presentarán o vindeiro 14 de abril no instituto.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS