A auga, protagonista dunha exposición fotográfica na Guarda

O martes día 11 de decembro a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel. O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; as concelleiras de Turismo e Cultura, Montserrat Magallanes e Elena Baz, respectivamente, así coma unha representación de Afundación e de Abanca, coorganizadores desta exposición e público asistente.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda inaugura este martes a Exposición «Auga, o sangue da terra»

O vindeiro martes día 11 de decembro ás 20:00h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a inauguración da Exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel no que, como explica, "é un elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia".

  • Publicado en A Guarda

María Gutiérrez Cedrón, gañadora do «I Concurso de Fotografía Medioambiental» de Nigrán

María Gutiérrez Cedrón, vén se ser proclamada gañadora do «I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras», convocado polo Concello de Nigrán e nacido co obxectivo de concienciar á veciñanza e visitantes da flora que ameaza o ecosistema dunar de Praia América-Panxón e difundir entre a poboación o seu coñecemento co fin de preservar a biodiversidade local.

  • Publicado en Nigrán

Éxito da exposición fotográfica «Así Somos» na Guarda

O pasado domingo día 26 de agosto a exposición fotográfica «Así Somos», que dende o 20 de xullo se atopaba na Sala de Exposicións da Casa dos Alonsos da Guarda, daba por concluída a súa andaina e o facía cuns magníficos número que reflectían o interese espertado na veciñanza: máis de 1.500 persoas visitaron esta mostra que, nun total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018, reflectía o día a día dos veciños da vila.

O Centro Cultural da Guarda acolle a exposición «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana»

Ata o día 13 de setembro, o Centro Cultural da Guarda acolle a exposición «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» composta por un total de 17 fotografías tomadas por Óscar Noya-Alarcón druante o seu traballo coma doutor na erradicación da oncocercosis, unha enfermidade que afecta a numerosas comunidades illadas da amazonía. A mostra foi inaugurada polo alcalde, Antonio Lomba, acompañado pola concelleira de Cultura, Elena Baz e Óscar Noya-Alarcón

«Trieb», a fotografía como forma de expresión

Dicía o fotógrafo estadounisense Arnold Newman que "non facemos fotos coas nosas cámaras. As facemos co noso corazón e as facemos coas nosas mentes, e a cámara non é mais  que unha ferramenta". Non hai mellor frase para definir as 18 fotografías que compoñen a exposición «Trieb» que o pasado martes inauguraba, no Centro Cultural da Guarda, a concelleira de Cultura, Elena Baz e Jesús Rodríguez Ortíz, autor das instantáneas.

Suscribirse a este canal RSS