Comeza a XV Edición do Advanced Management Program do «IE Business School» de Galicia

O IE Business School cumpre 15 anos formando aos executivos galegos na súa sede do Balneario de Mondariz, un aniversario moi especial xa que foi en Galicia onde naceu este programa da man do seu director executivo, Kiko Rial, e desde onde posteriormente exportouse o modelo a outras comunidades de toda España tales como Castela, Madrid, Valencia, Murcia, País Vasco, Navarra, Asturias, Andalucía, Aragón e Canarias.

As alumnas de Atención Sociosanitaria de Ponteareas comezan as prácticas no Meixoeiro

As alumnas da especialidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio e Institucións Sociais, iniciaron onte día 4 e ata o día  15 de marzo de 2019  en horario de 8:30 h a 14:00 h as prácticas formativas no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes  do Meixoeiro en Vigo, para completar a súa formación nos certificados de profesionalidade.

Preto de 400.000 euros da Xunta a Ponteareas para a formación de persoas desempregadas

A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de conceder ao Concello de Ponteareas unha achega de 398.371 euros dentro da súa programación de accións formativas dirixidas, prioritariamente, ás persoas traballadoras desempregadas, correspondente aos exercicios 2017 e 2018. Deste xeito, 125.691 euros corresponden á anualidade de 2017 e 272.680 euros a 2018.

Ultimos día de inscrición para o curso de camareiros/as da Guarda

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que terá lugar do 9 de febreiro ao 6 de abril, o prazo de inscrición remata este vindeiro mércores, 6 de febreiro. O obxectivo principal é formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

  • Publicado en A Guarda

Nigrán organiza un curso gratuíto de 'Soldadura tig' para persoas en desemprego

O Concello de Nigrán organiza un curso gratuíto de 'Soldadura TIG' dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio que posúan, como mínimo, o Graduado Escolar e/ou equivalente. Terá unha duración de 260 horas (140 teórico-prácticas en horario de mañá e 120 de prácticas en empresas) e ten previsto o seu inicio o 25 de febreiro, arrancando o prazo de inscrición este luns.

  • Publicado en Nigrán

Rematan na Guarda as sesións formativas de 'Comercio Innova Plus'

O Concello da Guarda rematou este luns o Programa de Innovación para o Comercio 'Comercio Innova Plus', dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unhas actividades nas que se incluíron xornadas formativas, píldoras e charlas dende o pasado mes de novembro de 2018.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS