I Forum Transfronterizo

A FANPO pecha a V edición das «Xornadas de Teatro»

A Federación de ANPAS de Ponteareas (FANPO) vén de pechar a quinta edición das xornadas de teatro «Achegando o teatro aos nen@s da man das Anpas», unha iniciativa que ofreceu un total de doce funcións agasallando, e nunca mellor dito, pezas teatrais a todos os centros educativos das comarcas de Condado, Louriña e A Paradanta.

A Concellería de Ensino apoia a concentración contra a LOMCE

A concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, amosou o seu apoio á concentración convocada pola Federación de Anpas (FANPO) contra os recortes e a aplicación da LOMCE, concentración que terá lugar o xoves, 9 de marzo, ás 19 horas diante da Casa do Concello.

A FANPO pide que non se cambien os libros de texto no vindeiro curso

A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Públicos das Comarcas Condado-Paradanta e Louriña (FANPO), subscribiu o escrito que a Federación de ANPAS de Galicia, á que pertence, remitiu á Consellería de Educación para evitar que neste vindeiro curso escolar se cambien los libros de texto, co custe que iso suporía para as xa maltreitas economías familiares.

EU Ponteareas apoia a concentración da FANPO contra á reválida

A Área de Educación de Esquerda Unida iniciou unha campaña na que “animan aos pais e nais do alumnado galego a que boicoteen a reválida de terceiro de primaria que a Consellería de Educación pretende levar a cabo durante o mes de maio”. EU súmase, dese xeito, á iniciativa da CONFAPA.

A FANPO convoca unha concentración en contra da reválida

A Federación de Anpas das comarcas do Condado e a Paradanta, FANPO, vén de convocar a toda a Comunidade Educativa a unha concentración de rexeitamento da Revalida de Terceiro. A concentración o mércores 27 de maio ás 20:00 horas diante da Casa do Concello.

Suscribirse a este canal RSS