O Goberno ponteareán á Xunta que explique a suspensión das obras da Avenida Castelao

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleira de Vías e Obras e Urbanismo, Chus Garrote, veñen de esixir á Xunta de Galicia e a concelleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, "unha explicación ante a orde de paralizar as obras menores de mellora da seguridade viaria na Avda Castelao previstas para realizar esta mesma semana". O vindeiro luns deberían comezar os traballos para cambiar o paso elevado desta rúa, á altura do edificio 15 de maio, para reubicalo e ademais facelo elevado.

A Xunta redactará o proxecto da Variante de Ponteareas cando Fomento comprométase a executala

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas o compromiso da Xunta de contratar a redacción do proxecto da Variante da vila en canto o Ministerio de Fomento asine o convenio polo que se compromete a executala e financiala. Vázquez Mourelle reuniuse esta tarde co rexedor municipal e expresoulle "a vontade do Executivo autonómico de asinar o antes posible o convenio de colaboración que faga posible esta infraestrutura".

Ponteareas esixe "obras urxentes" de mellora da seguridade na PO-403

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a tenente de Alcalde, Chus Garrote, veñen de trasladar á Xunta de Galicia a "urxencia" de realizar melloras na seguridade viaria e peonil da PO-403, ao seu paso polo nucleo urbano de Ponteareas e as parroquias de Angoares e Moreira, núcleos densamente poboados. Estas obras son, dende hai moito tempo, unha das prioridades do Goberno local.

Xunta, Deputación e Concello colocan mañá a primeira pedra da Avenida de Tomiño

A Avenida de Tomiño, da que mañá colócase a primeira pedra, supoñerá un antes e un despois para o desenvolvemento do casco urbano xa que, a nova infraestrutura, supoñerá a retirada do tráfico de paso polo núcleo da vila na zona do Seixo. O pasado ano, Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia; Carmela Silva, presidenta da Deputación e Sandra González, alcaldesa de Tomiño, asinaban o convenio, do que dabamos conta en Comarcas na Rede, que daba luz verde a este importante proxecto.

  • Publicado en Tomiño

Ethel Vázquez visita as obras da Avenida de Vigo en Chapela

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou hoxe as obras de humanización que se están a desenvolver na Avenida de Vigo, de Chapela a asegurou que a veciñanza, tras as obras que contaron cun investimento de 2,3 millóns de euros, "xa dispoñen dunha vía máis accesible e segura". Vázquez Mourelle explicou que o bo avance das obras permitiu acurtar prazos, adiantando ao verán de 2018 a súa finalización, prevista inicialmente para o mes de novembro.

Redondela traslada á Xunta a necesidade de eliminación da peaxe de Rande

O Concello de Redondela e os afectados pola AP9 veñen de trasladar á Xunta de Galicia a necesidade de eliminar a peaxe de Rande ao considerala “un agravio inxusto que prexudica a competitividade de Chapela e do conxunto da comarca de Redondela”, petición formulada nunha xuntanza que mantiveron onte á tarde, en Santiago, coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez.

Suscribirse a este canal RSS