EU Ponteareas solicita un Pleno Extraordinario para aprobar a RPT

Logo de que na mañá do pasado venres 21 se chegara a un acordo entre representantes sindicais do Concello de Ponteareas, ESQUERDA UNIDA solicita a celebración dun pleno extraordinario para levar a aprobación canto antes tanto o Convenio de Laborais como o Acordo de Funcionarios e a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello.

Esquerda Unida de Ponteareas esixe "seriedade" á hora de aprobar os orzamentos

O remate da RPT (Relación de Postos de Traballo) de Ponteareas, asemella ser a clave para que o Goberno local poida sacar adiante os Orzamentos 2018, dado que dita a probación queda en mans de Esquerda Unida que, como sinala a formación que representa Lino Costas no Concello, "esta organización sempre vinculou o apoio definitivo dos orzamentos ao remate da RPT, algo que aínda está en proceso".

EU asegura o PP "denota certo cinismo" ao acusalos de apoiar privatizacións de servizos

As manifestacións realizadas polo Partido Popular contra Esquerda Unida, asegurando que esta formación apoiaba as privatizacións de servizos municipais, foron desmentidas hoxe pola formación que representa Lino Costas no Concello que, además de considerar que son "un intento de manipulación" asegura que "denotan certo cinismo ao ser este partido o principal promotor das privatizacións en todo o Estado".

EU condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais

Esquerda Unida de Ponteareas, que condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais ─imprescindible por outra banda para que o executivo ponteareán poida sacar adiante as contas do 2018─ ao cumprimento dunha serie de compromisos vinculados tanto a aspectos sociais, coma a temas relativos ao persoal municipal, como son a RPT e o Acordo de Funcionarios. EU considera positiva a decisión da Xunta de Goberno de aprazar os Orzamentos de 2018 a un vindeiro Pleno para modificar o documento na liña que solicitou a formación que representa Lino Costas.

EU Ponteareas lamenta o silencio do Concello no problema do lindano

Esquerda Unida de Ponteareas lamenta que o Goberno local ainda non teña dado explicacións sobre o problema do lindano, logo de que o pasado día 20 de febreiro e ante unha proposta presentada por EU, o alcalde ponteareán comprometérase a dar explicacións, antes do pleno de marzo, sobre as actuacións realizadas polo Concello con respecto ás verteduras de lindano nunha canteira de Parada, na parroquia de Xinzo.

EU Ponteareas denuncia "incumprimentos" na xestión do Complexo Deportivo Álvaro Pino

Esquerda Unida Ponteareas vén de rexistrar unha moción no Concello na que insta ao alcalde a realizar "un informe técnico sobre a xestión do Complexo Deportivo Álvaro Pino" ao considerar que a empresa concesionaria "pode non estar cumprindo con todas as obrigas contempladas nor pregos". Explica Esquerda Unida que, en ditos pregos, o Concello faise cardo do 25% dos custes de enerxía eléctrica, recibos de auga e lixo, mentres que a concesionaria ten que facerse cargo da limpeza, reforma menores e un investimento mínimo, no primeiro ano, de 185.000 euros.

Goberno do Porriño e EU-Son asinan un acordo para os Orzamentos de 2018

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre manifesou atoparse “especialmente satisfeita” logo do acordo asinado este pasado sábado, con Pedro Ocampo, voceiro do Grupo Municipal de EU-SON no Concello do Porriño para a aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2018. García de la Torre entende que as propostas presentadas por EU-Son “non so melloran os orzamentos, senón que serán beneficiosos para o conxunto das veciñas e veciños do Porriño”.

Suscribirse a este canal RSS