Nigrán organiza unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo

O Concello de Nigrán abriu hoxe venres a inscrición para unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo (Cantabria) que se desenvolverá do 8 ao 10 de febreiro. O prazo de inscrición rematará o día 5 de febreiro e o prezo será de 125 € para nenos de ata 12 anos e de 160 € para adultos.

  • Publicado en Nigrán

Mos propón o esquí en familia para reforzar os lazos no tempo de lecer

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos, que dirixe Julia Loureiro, vén de organizar unha nova actividade dentro do programa denominado «Ocio en Familia», trátase dunha excursión a estación invernal de Leitariegos en León, coa que se busca "impulsar a convivencia dos nenos ou nenas coas súa familia". A actividade se desenvolverá no mes de marzo e abrirá o seu prazo de inscrición mañá martes, 13 de febreiro.

  • Publicado en Mos

Mos abre o prazo da 'fin de semana branca' en Leitariegos para a mocidade

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos organiza, un ano máis, unha excursión de fin de semana á neve na estación de Leitariegos (León), promovendo así posibilidades de ocio saudable entre a mocidade. Esta excursión, promovida polo departamento que dirixe a edil Kely Monzón, está programada para os días 19, 20 e 21 de febreiro e o prazo de inscrición rematará o día 12 de febreiro.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS