A Deputación adxudica preto de 1.500 novas prazas de «En Ruta coa Depo»

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a segunda adxudicación das prazas do programa “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e transporte.

Máis de 200 persoas participan na fin de semana en «En ruta coa Depo»

O programa «En Ruta coa Depo» organiza esta fin de semana 4 novas excursións nas que participan 216 persoas de 4 concellos da provincia. Estas excursións permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, 54 persoas da Asociación de Veciños de Santa Apolonia de Guimarei visitarán o Castelo de Sobroso, Mondariz-Balneario, os petróglifos de Gargamala (Mondariz) e o castro de Troña (Ponteareas).

A Deputación incrementa en 100.000 euros o orzamento para «En ruta coa Depo» 2018

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da xestión, desenvolvemento e execución do programa «En ruta coa Depo 2018», promovido polo servizo do Cohesión Social e Xuventude, que xestiona Digna Rivas e ao que a institución provincial destina 100.000 euros máis que no 2017.

«En ruta coa Depo» permitirá ofertar un total de 32 rutas para coñecer diferentes lugares da provincia de Pontevedra no que participarán un total de 20.000 persoas, das cales 400 gozarán do programa de xeito totalmente gratuíto.

As empresas que presenten ofertas para esta convocatoria deberán ter en conta que se trata dun programa que ten por finalidade crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Amais, o programa pretende impulsar actividades alternativas para o tempo de lecer xuvenil, promovendo o asociacionismo entre a xuventude e o ocio dinámico e saudable. Por outra banda, «En ruta coa Depo» tamén oferta rutas específicas onde nais, pais, titoras e titores poidan gozar coas nenas e os nenos dun ocio común, san, alternativo e divertido que faga doada a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias estivais.

«En ruta coa Depo» está dirixido a entidades sociais da provincia de Pontevedra que poderán solicitar, por orde de preferencia, tres rutas das 32 propostas, sinalando o mes e o día da semana preferidos para a súa realización. En total a Deputación de Pontevedra oferta 20.000 prazas para gozar dun día coñecendo os lugares sinalados na ruta, acompañados dunha persoa como guía e incluíndo o xantar e o transporte. Por segundo ano consecutivo haberá 400 prazas de balde para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social.

Este ano a institución provincial preparou un total de 32 alternativas de «En ruta coa Depo» divididas en rutas temáticas, culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais. A Deputación de Pontevedra destina ó programa «En ruta coa Depo 2018» 360.000 €, 100.000 euros máis que este ano cando xa se incrementara o orzamento destinado á actuación en 21.500 € con respecto ao 2016.

«En ruta coa Depo» programa 6 excursións para esta fin de semana

O programa da Deputación de Pontevedra “En Ruta coa Depo” organiza esta próxima fin de semana seis novas saídas que contarán coa participación de 364 persoas de seis asociacións. Estas excursións, que terán lugar o sábado e domingo, permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

Preto de 1.800 persoas participan esta semana no programa «En ruta coa Depo»

O programa da Deputación de Pontevedra «En ruta coa Depo» continúa a súa andadura esta semana coa participación de preto de 1.800 persoas de 19 concellos da provincia nos itinerarios preparados pola institución provincial. En total, entre hoxe mércores e o domingo terán lugar un total de 31 novas excursións que permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra,

«En ruta coa Depo» programa 15 novas andainas para esta fin de semana

O programa da Deputación de Pontevedra «En ruta coa Depo» continúa a súa andadura esta fin de semana coa participación de máis de 1.500 persoas de 16 concellos da provincia nos itinerarios preparados pola institución provincial. En total, ata o domingo terán lugar 15 novas excursións que permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

Dezaoito novas andainas para esta fin de semana no «En ruta coa Depo»

O programa da Deputación de Pontevedra «En ruta coa Depo» continúa a súa andadura esta fin de semana coa participación de preto de 1.120 persoas de 12 concellos da provincia nos itinerarios preparados pola institución provincial. En total, entre o sábado e domingo terán lugar 18 novas excursións que permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra, desde o Deza ata O Condado, pasando polas comarcas do Salnés, Vigo e O Morrazo.

A Deputación inicia a contratación do programa "En ruta coa Depo"

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da xestión, desenvolvemento e execución do programa “En ruta coa Depo”, promovido polo servizo do Cohesión Social e Xuventude.  O programa, cun investimento de 21.500 euros, conta con 32 rutas pola provincia.

Suscribirse a este canal RSS