Redondela busca recuperar a iniciativa emprendedora co proxecto «StartupVila de Redondela»

Redondela presentou hoxe a súa iniciativa StartupVila, coa que pretende impulsar o emprendemento e recuperar a iniciativa industrial e empresarial que, historicamente, caracterizou á vila dos viadutos. A Casa da Cultura foi o lugar elixido para a presentación desta iniciativa dinamizadora coa que intenta darse solucións “aos veciños e veciñas que desexan iniciar un proxecto emprendedor e que, as veces, atópanse cun mar de dificultades sen saber con certeza que pasos dar”, explicaba a concelleira de Desenvolvemento Local e alcaldesa accidental, Carmen Amoedo.

A Xunta destina 56.000 euros a melloras no Parque Empresarial de Areas en Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou unha axuda de 56.084 euros para o parque empresarial de Areas en Tui co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa competitividade e á atracción de novos investimentos con capacidade para xerar riqueza e emprego cara aos municipios. Doutra banda, e con este mesmo obxectivo, o Concello de Arbo recibirá unha subvención de 14.000 euros.

  • Publicado en Tui

Presentación da SmartPeme da Deputación no Concello de Mondariz

O vindeiro mércores, 29 de marzo, ás 20:30 horas, a Biblioteca Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca de Mondariz, acollerá o acto de presentación da rede SmartPeme, un servizo totalmente gratuíto que a Deputación de Pontevedra pon ao servizo de empresas, autónomas/os e persoas emprendedoras.

O CDL acolle mañá venres, unha xornada de traballo de dinamización do sector empresarial

O Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, situado en Lomba do Cruceiro, 5 en Ribadeta, acolle mañá venres, 3 de febreiro unha xornada de dinamización do sector empresarial, coa que o Concello busca a posta en marcha dun plan de recuperación do tecido industrial. O Concello da, deste xeito, os primeiros pasos de cara a posta en marcha dun Plan Estratéxico de Recuperación do Tecido Industrial de Ponteareas.

O 'Smartpeme' da Deputación atendeu case 1.400 consultas de emprendedores e pemes

No conxunto do ano 2016 o equipo de técnicos do proxecto 'Smartpeme' da Deputación de Pontevedra asesorou máis de 1.000 empresas, un 25% máis que o ano anterior. Analizando unicamente a segunda metade de 2016 e comparando os datos co mesmo período de 2015, obsérvase un crecemento dun 85% no número de empresas asesoradas, o que supón que máis de 550 empresas recibiron asesoramento TIC.

O BNG asegura que o PP "nunca quixo que Ponteareas tivese un parque empresarial"

O BNG de Ponteareas saíu ao paso das recentes declaracións do portavoz do PP, Salvador González Solla, sobre a zona industrial da Lomba asegudando que “nin Solla nin o PP son quen de dar ningunha lección sobre a creación de chan industrial en Ponteareas” e lembraron as responsabilidades do Partido Popular gobernando durante décadas no Concello e na Xunta.

Redondela acolle un obradoiro de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica

A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración coa Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, desenvolverá o mércores 30 de novembro, ás 20:30 horas no Pazo de Vilavella, un Obradoiro de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica, unha iniciativa que parte do convencemento de que a innovación, emprendemento, renovación e consolidación, son os eixos fundamentais no presente e futuro do tecido comecial de Galicia.

A Deputación adxudica preto de 300 bolsas de práctica laboral en empresas da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta da adxudicación, na Xunta de Goberno desta mañá, das 300 bolsas de práctica laboral en empresas privadas da provincia destinadas a persoas tituladas universitarias ou de formación profesional, sen experiencia previa laboral no seu ámbito de titulación. As bolseiras e bolseiros seleccionadas e seleccionados comezarán o día 15 de novembro e durante 6 meses, prorrogables por outros 6, o seu primeiro contacto co mercado laboral.

Suscribirse a este canal RSS