Obradoiro de «Marketing Dixital» do StartupVila de Redondela

O programa StartupVila, vén de organizar un obradoiro de Marketing Dixital, a cargo de Daniel Cerqueiro, que terá lugar o día 1 de setembro no espazo startupvila, na Casa da Cultura de Redondela, entre as 19 horas e as 21 horas. Daniel Cerqueiro, físico de formación, socio fundador e CMO de Phottic, startup de recuperación da memoria fotográfica, leva 13 anos vinculado ao marketing online.

Redondela busca recuperar a iniciativa emprendedora co proxecto «StartupVila de Redondela»

Redondela presentou hoxe a súa iniciativa StartupVila, coa que pretende impulsar o emprendemento e recuperar a iniciativa industrial e empresarial que, historicamente, caracterizou á vila dos viadutos. A Casa da Cultura foi o lugar elixido para a presentación desta iniciativa dinamizadora coa que intenta darse solucións “aos veciños e veciñas que desexan iniciar un proxecto emprendedor e que, as veces, atópanse cun mar de dificultades sen saber con certeza que pasos dar”, explicaba a concelleira de Desenvolvemento Local e alcaldesa accidental, Carmen Amoedo.

A Deputación de Pontevedra, nominada aos 'Smartup Olé 2016' polo seu apoio ao emprendemento

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou esta mañá a nominación da Deputación de Pontevedra ao “Premio Administración Pública 2016” polo seu apoio ao emprendemento. Ao premio, que se entregará mañá xoves no evento 'SmartUp Olé 2016' na cidade de Salamanca e ao que asistirá o Deputado de Innovación e Promoción Económica Javier Dios.

DepoEmprende, a ferramenta para converter ideas en proxectos profesionais

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou hoxe nunha xornada de presentación do proxecto DepoEmprende, posto en marcha en colaboración coa Fundación Incyde das cámaras de comercio da provincia e financiado polo Fondo Social Europeo. Trátase dun programa que pretende fomentar a cultura emprendedora entre os mozos e mozas sen emprego na provincia, logrando así incorporar ao mercado laboral a 120 xóvenes que son os que participarán na iniciativa.

Tomiño xestiona un programa europeo de emprendemento e emprego xuvenil

O Concello de Tomiño está a levar a cabo un programa europeo de emprendemento e emprego xuvenil chamado “Garantía Xuvenil” que procura a dinamización na búsqueda activa de emprego e na formación como forma de inserción sociolaboral. A iniciativa vai destinada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que non teñan traballado e realizado actividades formativas nos últimos meses.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS