O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no río Miño

A pasada semana, un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española, Helicóptero Pesca 1, GNR, Protección Civil, Capitanía Marítima de Caminha, INEM, Bombeiros Voluntarios de Caminha, entre outros.

A Guarda solicita un camión motobomba de intervención urbana

Esta semana o Concelleiro delegado de Emerxencias do Concello da Guarda, Miguel A. Español Otero, remitiu unha misiva ao Director Xeral de Emerxencias para trasladarlle a demanda existente dun camión motobomba de intervención urbana. Dende fai moitos anos, primeiro a través dos grupos GLPA, despois da A.VV.P.C. e GMIR, posteriormente GRUMIR e dende o ano 2013 co GES, o Concello da Guarda participou e participa activamente, tanto na extinción de incendios forestais da comarca, e incluso fora dela, como en todo tipo de emerxencias urbanas, tráfico, industriais, etc.

  • Publicado en A Guarda

Digna Rivas advirte sobre a "desprotección" de Redondela en materia de Emerxencias

A candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, chamou a atención sobre o que cualifica de “grave irresponsabilidade” do goberno de Javier Bas en materia de Emerxencias ao estar, nestes momentos, o servizo sen persoal algún. Segundo a concelleira socialista, das tres persoas con que contaba o Servizo de Emerxencia de Redondela, dúas xa non figuran no mesmo ao gañar praza en Vigo, e a outra persoa atópase de baixa por enfermidade.

As estradas provinciais precisaron de medio milleiro de actuacións de emerxencia no 2018

As brigadas de conservación e mantemento da mobilidade na rede de estradas provinciais realizaron ao longo do ano 2018 un total de 478 actuacións de emerxencia, unha cifra máis baixa que a dos tres anteriores exercicios debido á redución das incidencias por causas meteorolóxicas. As borrascas, de menor intensidade, crearon menos complicacións e non foi preciso facer tantas saídas por asolagamentos, retirada de árbores, nevadas ou inundacións o que motivou, segundo confirmou o deputado responsable do departamento de Mobilidade, Uxío Benítez, que as actuacións por accidentes de tráfico volveran ser as máis numerosas.

O GES da Guarda informa ao estudantado sobre como actuar en situacións de emerxencia

Dende a pasada semana efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda veñen de iniciar o ciclo de charlas informativas co arranque do novo curso lectivo. A iniciativa ten coma obxectivo que os rapaces e rapazas saiban como actuar ante situacións de risco ou emerxencias, coñecendo o funcionamento dos plans de autoprotección dos seus respectivos colexios e centros educativos, así coma saber coma realizar unha correcta evacuación en caso de incendio, grazas á realización de simulacros de evacuación.

  • Publicado en A Guarda

O GRD da Guarda atendeu preto de 1.000 incidencias nun ano

O GES da Guarda ven de publicar o informe de atención de emerxencias e operativos entre os meses de agosto de 2017 e 2018, cun total de 952 incidencias atendidas, o que supón unha media de 80 actuacións diarias. Entre as incidencias máis frecuentes destacan os accidentes, seguido de operativos por animais, xestións medioambientais, incendios urbanos e forestais, incidencias relacionadas coa circulación, operativos varios, riscos, salvamento e rescate, sanitarios e de seguridade.

  • Publicado en A Guarda

O PSdeG-Redondela reafirmase “na precariedade dos servizos de emerxencia municipais”

O incendio acontecido antonte na cociña dunha vivenda da Avenida de Vigo, en Chapela e a imposibilidade de actuar dos efectivos do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) de Redondela, “por fallos no seu material de traballo”, é para o PSdeG-Redondela, “a corroboración do que o Grupo Municipal Socialista vén denunciando dende hai anos: Redondela carece dun servizo capaz de dar unha resposta rápida e eficiente ante calquera tipo de emerxencia”.

Suscribirse a este canal RSS