Tomiño aproba unha nova ordenanza que contempla axudas para casos de emerxencia social

O Concello de Tomiño aprobou de forma definitiva o pasado venres no transcurso do Pleno, unha nova ordenanza en materia de Benestar Social, que foi votada de maneira unánime polos membros da Corporación Local. A nova ordenanza pretende establecer unha serie de dereitos e recursos dentro do Programa de Inclusión Social, xerais e específicos para a cidadanía da localidade en risco de exclusión social.

  • Publicado en Tomiño

O Goberno local de Ponteareas incrementará as axudas de emerxencia social nun 22%

O Goberno local de Ponteareas vén de anunciar a súa intención de incrementar a contía da partida destinada a Emerxencia Social nun 22%, o que permitirá que pase dos actuais 90.000 euros ata os 110.000 euros. Paralelamente, o Executivo que preside Xosé Represas, incrementará tamén os baremos utilizados nestas axudas “de cara a dar cobertura a un maior número de familias que, na actualidade, non poden acceder ás mesmas”, explica o alcalde ponteareán.

A Xunta amosa unha vivenda en Mondariz a unha familia en emerxencia social

Funcionarios da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra amosaron, na mañá de hoxe, unha vivenda no concello de Mondariz ─cedida por Abanca─ a unha familia que se atopa en situación de emerxencia social. No caso de que a familia acepte a cesión de dita vivenda, está previsto que a adxudicación da mesma sexa proposta na reunión da vindeira semana da Comisión Provincial de Vivenda.

  • Publicado en Mondariz

O obradoiro de emprego de Ponteareas taballa na recuperación de vivendas para emerxencia social

O Obradoiro de emprego de Ponteareas “Compromiso Social II”, que conta para o seu desenvolvemento cun investimento de case 220.000 euros asumidos conxuntamente pola Xunta de Galicia e o propio Concello, permite que 20 veciños e veciñas do municipio obteñan formación durante seis meses e, ao mesmo tempo, perciban o salario mínimo durante este período de formación. Ao mesmo tempo, traballan nun obxectivo solidario e social de primeira orde: rehabilitar dúas vivendas para ser destinadas ao acollemento de familias en situación de emerxencia social.

O Pleno de Ponteareas aproba a modificación das axudas de emerxencia proposta por EU

A última sesión do Pleno ca Corporación Municipal de Ponteareas aprobou, coa abstención de ACiP e o apoio do resto dos grupos, a proposta de EU-son de modificación da Ordenanza Reguladora das Axudas de Emerxencia Social. A proposta de Esquerda Unida ven motivada polo feito das denegacións destas axudas para pago das cotas das comunidades de veciños a solicitantes que entraban no baremo económico previsto na ordenanza de Emerxencia Social.

A nova ordenanza das axudas de emerxencia social de Ponteareas entra en vigor

Coa publicación o pasado 3 de agosto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, tras a aprobación en Pleno o 19 de xullo, á proposta da Concellaría de Servizos Sociais, coordinada por Manuel Troncoso, a nova ordenanza de Axudas de Emerxencia Social está xa en vigor. Esta medida trata de axudar nas necesidades básicas como auga, luz, electricidade, vivenda ou comida das persoas en situación ou risco de exclusión social.

O Pleno de Ponteareas aproba modificar a ordenanza de emerxencia social

A sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado martes, 19 de abril, permitiu aprobar de maneira unánime dúas propostas de “enorme relevancia para a veciñanza de Ponteareas”, tal e como as definiu os propio alcalde, Xosé Represas e os diferentes voceiros de todos os grupos municipais representados na corporación. A primeira delas ten que ver coa modificación da Ordenanza Muncipal Reguladora das Axudas de Emerxencia Social.

Suscribirse a este canal RSS