Eli Ríos, «DX»

Logo dunha novela tan realista e tan dura coma “Luns”, Eli Ríos regresa ao eido da narrativa cunha nova aposta radicalmente diferente coa que nos traslada a un futurible próximo e nos relata unha historia que camiña entre o terror e a ciencia ficción (moi na onda do catálogo habitual de Urco), cun enfoque e unha estrutura que nos fai pensar que está dirixida ao público xuvenil.

«Luns», a primeira novela de Eli Ríos, protagoniza o ciclo Venres D_letras

O ciclo Venres D_letras, que cada segundo venres de mes desenvólvese no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas a partir das 20:30 horas, contará nesta ocasión coa presencia da poeta Eli Ríos, que presentará a súa primeira novela para adultos «Luns», galardoada co Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega.

Eli Ríos, «Luns»

«Luns» é unha novela impactante e arriscada, unha desas historias que ficarán na memoria do lector moito tempo, unha terapia de choque contra o pesimismo que foi recoñecida o pasado ano co Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega e que agora aparece impresa da man de Xerais. Eli Ríos aposta moi forte para darlle forma a este relato no que interioriza un momento difícil para a protagonista, Nerea, unha muller que parece que ten a súa vida encarreirada.

Suscribirse a este canal RSS