A ANPA do Colexio Solanas da Guarda solicita a Educación unha reforma dos baños

A pasada semana a ANPA «Os Muíños» do Colexio Solanas da Guarda remitiu a través do rexistro de entrada do Concello da Guarda máis de 800 sinaturas de pais e nais de alumnos e alumnas deste centro educativo da Guarda solicitando unha reforma dos baños. Dende a ANPA e dende o Concello da Guarda entenden que é unha obra moi necesaria.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda reclama á Xunta melloras nos centros de Ensino do municipio

O Concello da Guarda a través da Concellería de Educación, reitera novamente a petición mellora das instalacións dos Centros de Ensino do municipio ante a falla de investimentos por parte da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra. O Concello guardés ven reclamando, con insistencia, melloras nos seus centros educativos que, asegura, son obxecto dun "trato desigual" con respecto aos outros centros de ensino do Baixo Miño.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda agradece a colaboración das asociacións que decoraron as prazas no Nadal

O Concello da Guarda fixo entrega na mañá do martes día 8 de xaneiro duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas durante o pasado Nadal na Guarda. Con este acto, o Concello guardés quería agradecer a colaboración de todas elas para que a vila presentase, nestas pasadas festas, un espectacular aspecto.

A auga, protagonista dunha exposición fotográfica na Guarda

O martes día 11 de decembro a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel. O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; as concelleiras de Turismo e Cultura, Montserrat Magallanes e Elena Baz, respectivamente, así coma unha representación de Afundación e de Abanca, coorganizadores desta exposición e público asistente.

  • Publicado en A Guarda

A maxia do Nadal chega á Guarda

O Nadal chega á Guarda cunha extensa e variada programación de actividades que se presentaron este venres día 30 de novembro a concelleira de Cultura, Elena Baz; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes. A programación, que se desenvolverá do 5 de decembro ao 6 de xaneiro abranque, entre outras actividades, teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

  • Publicado en A Guarda

Ata o 7 de decembro pódese visitar a exposición «Músicas da Terra» na Guarda

Ata o vindeiro día 7 de decembro pódese visitar a exposición de pintura «Músicas da Terra» na sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda. A mostra, autoría do artista pontevedrés Álvaro Novegil «Alvarellos» inaugurábase o pasado 23 de novembro nun acto presidido pola concelleira de Cultura, Elena Baz, quen amosaba a súa satisfacción por poder contar, no municipio, "con esta interesante exposición de pinturas".

  • Publicado en A Guarda

Montse Fajardo abre as «Barferencias de Inverno» na Guarda

Sacar as charlas e conferencias de salas e auditorios nos que o público está distante da persoa que fala, buscar un entorno máis cotidiá e habitual é o obxectivo que perseguen as «barferencias» que escollen bares e cafeterías para debater e afondar sobre diversos temas nun ambiente íntimo e distendido. É este un formato que acadou grande éxito nas súas edicións anteriores e que, nesta nova edición, encargouse de abrir Montse Fajardo, autora do libro «invisibles».

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS