I Forum Transfronterizo

A Deputación sortea este martes as 2.200 prazas de «DepoAventura» A Lanzada

Este martes 22 de maio, no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, terá lugar o sorteo das prazas do programa ««DepoAventura»» A Lanzada, iniciativa organizada pola institución provincial e que se desenvolverá entre xullo e setembro. Ao acto asistirá a deputada de Cohesión Socia e Xuventude, Digna Rivas, que presenciará o sorteo das 2.200 prazas que ten dispoñibles este demandado programa da Deputación de Pontevedra. De feito, este ano a institución provincial recibiu máis de 3.500 solicitudes.

O PSdeG-Redondela alerta da renuncia a contratar persoal para Servizos Sociais financiados pola Xunta

O PSdeG-Redondela asegura que a Xunta de Galicia, o 30 de decembro de 2016, daba conta do financiamento autonómico dos cadros de persoal técnico de Servizos Sociais comunitarios ao abeiro do Plan Concertado aprobando a contratación dun traballador/a social e unha educadora/or social para o Concello de Redondela. Os socialistas lembran que, segundo o número de habitantes, a Redondela "corresponderíalle ter entre 3 e 5 traballadores/as sociais no cadro de persoal de Servizos Sociais.

Carmela Silva invita ao alumnado da Cañiza a unha "loita conxunta contra o machismo"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, e a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistiu este luns á décima intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero», unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

«A visión das mulleres» encheu a Casa da Cultura de Redondela

A xornada de cine «A visión das mulleres», organizada polo PSdeG-Redondela, fixo que a casa da Cultura de Redondela quedara pequena na tarde noite de onte venres. A pesar do desapacible da xornada, numerosos veciños e veciñas déronse cita na instalación cultural para asistir a un acto que tiña como obxectivo "visibilizar o traballo de todas as mulleres que desenvolven o seu labor nun mundo especialmente complicado como é o do sector audiovisual".

«Mulleres en acción. Violencia Zero», este martes en Ponteareas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e pola deputada provincial, Digna Rivas, asistirá este martes 6 de marzo ás 12:00 horas, na Praza Maior, (en caso del mal tempo se trasladará ao Auditorio Reveriano Soutullo), á oitava intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero».

Carmela Silva resalta a aposta total da Deputación "pola xestión sostible dos residuos"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado provincial Carlos López Font e a deputada Digna Rivas, asistiu onte á presentación do ESTRAEE, o proxecto europeo que ten por obxectivo poñer en marcha unha estratexia sostible transfronteiriza para a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Na xornada participaron a propia institución que é a socia líder do proxecto, os concellos da provincia e os 3 socios españois e dous portugueses con ampla experiencia na reciclaxe e innovación tecnolóxica.

Digna Rivas inaugura “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”

A exposición «Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar», impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, chega ao Campus de Ourense. Así, desde hoxe e ata o vindeiro 12 de marzo, as persoas interesadas en coñecer a participación e o papel da muller no mundo do mar poderán visitar a mostra no Edificio de Ferro do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Digna Rivas da conta das prazas subvencionadas para os programas sociais da Deputación

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, presidiu este luns 12 de febreiro no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra unha reunión informativa cos traballadores e traballadoras sociais dos concellos da provincia. Con este encontro, a institución provincial tiña por obxectivo dar conta das prazas subvencionadas no seus programas de Cohesión Social e Xuventude que, en total e para este 2018, son 1.134 prazas gratuítas.

Suscribirse a este canal RSS